+ 34 981 508 142

630 069 637


REFLEXIÓNS RECADADAS SOBRE A ALIMENTACIÓN DAS ABELLAS

11 de maio de 2020

Por Xosé Torres, presidente de AGA

A alimentación das colonias de abellas era ata hai ben pouco un tema tabú, do que non se falaba, ben por non-necesidade dela, ben porque non se entendía o feito de alimentar, ben porque era un asunto descoñecido por unha gran parte dos abelleiros e abelleiras. Nestes últimos dous casos, padecíase a frustración ante as desagradables consecuencias de que os enxames fenecesen. E as circunstancias nestes últimos decenios mudaron moito, por factores como o cambio climático, as infestacións de varroa e os ataques dos tártagos, o europeo (Vespa crabro) e o asiático negro (Vespa velutina).

A nosa perplexidade pode ser maiúscula cando nunha estación floral como a primavera se precisa alimentar o noso gando apícola polo feito de non haber reservas alimenticias abondas nos favos da colmea.

A outra estupefacción prodúcese cando se presentan restos da alimentación no mel, por causa dunha mala praxe apícola alimenticia, ou por unha simple avaricia. O tino ten que ser sublime, sumo e supremo.

Descargar artigo completo en pdf.


Voltar