+ 34 981 508 142

REMATA A PRIMEIRA PARTE DO CURSO DE SANIDADE E MANEXO APÍCOLA

27 de novembro de 2018

A pasada fin de semana rematou a parte teórica do Curso de Sanidade e Manexo Apícola, celebrado na EGA en Allariz. Os máis de 50 alumnos e alumnas deron mostras de satisfacción polos resultados acadados e dende a organización do curso tamén estamos moi satisfeitos pola alta participación e o interese amosado polo grupo, formado en gran parte por xente nova con moita curiosidade e ganas de aprender e formarse.

 

Esta fin de semana foi adicada principalmente ó manexo, enfocado a mellorar a saúde e condicións das colmeas para asegurar a súa sustentabilidade e produtividade. O sábado foi o turno dos apicultores de Apilarouco, David e Jose, que explicaron a importancia de renovar raíñas e asegurar unhas boas condicións nas colmeas co obxectivo manter o vigor da colonia, tanto para producir mel ou outros produtos como para obter núcleos e criar raíñas. Gonzalo Calvo tratou o tema do manexo preventivo, a través dun control integrado da varroa, a preparación da invernada e a renovación da cera. Para rematar, o domingo Fina Gonell, de Pajuelo Consultores Apícolas, ofreceu unha interesante e práctica charla sobre como e cando alimentar as colmeas, facendo fincapé en que sempre hai que revisar e ter en conta cales son as necesidades reais de cada colmea.

Para a primavera continuará a segunda parte do curso cunhas sesións prácticas, nas que se trasladarán ás colmeas os coñecementos teóricos tratados nesta primeira: facendo diagnóstico de enfermidades, uso de tratamentos, renovación da cera, reposición de raíñas, etc.

Próximamente publicaremos un resumo dos contidos do curso.

Compartimos algunhas imaxes da fin de semana a través do facebook de AGA.


Voltar