+ 34 981 508 142

REMATA O CURSO SUPERIOR DE APICULTURA COMERCIAL

22 de maio de 2018

O pasado domingo 20 de maio dou por rematado o Curso Superior de Apicultura Comercial coincidindo coa celebración do Día Mundial da Abella, no que os alumnos e alumnas organizaron unha actividade divulgativa dirixida ó público visitante do Festival de Xardíns de Allariz. Ó finalizar a celebración tivo lugar un xantar e entrega de diplomas pola asistencia e participación no curso.

 

No curso participaron máis de 40 apicultores e apicultoras que acudiron a esta formación con expectativas varias pero compartindo o obxectivo de facer da apicultura unha actividade profesional e obter unha produción de calidade e con valor engadido.

O curso rematou pero a formación continúa, pois os participantes todavía terán que realizar unha das actividades prácticas incluidas no programa, a realización dunha feira do mel que terá lugar en Allariz no mes de setembro. Ademais tamén están convidados a participar na celebración da 33ª Mostra Galega de Apicultura en Arzúa o 2 de xuño, que incluirá unha sesión sobre a apicultura comercial, na que se falará sobre os meles monoflorais e o pole.

Compartimos algunhas imaxes do curso publicadas no facebook. Máis adiante publicaremos na web un artigo completo sobre os contidos do curso.

 


Voltar