+ 34 981 508 142

RESOLUCIÓN DO PLAN APÍCOLA

17 de xullo de 2018

Acaban de comunicarnos a resolución da subvención do Plan Apícola 2018. Para AGA concederon un total de 185.529,98 €, que se reparten do seguinte xeito: técnicos 80% do seu custe (48.000 €), tratamentos varroa 80% (104.956,83 €), alimento 50% (28.151,08 € ) e cera 9% (4.422,07 €).

No alimento devolverase polo tanto o 50 %, como máximo 2 € por colmea, e na cera o 9 %. No caso do tratamento da varroa xa non se devolve nada pois pagouse a prezo subvencionado. A Consellería de Medio Rural realizará o ingreso da subvención a AGA no mes de outubro, polo que a devolución ós socios e socias farase entre os meses de novembro e decembro no nº de conta indicado para a domiciliación da cota de AGA e no caso de non ter a cota domiciliada hai que poñerse en contacto con AGA para acordar a forma de pago. 

Lembramos que o prazo para recoller o alimento e a cera remataba o 7 de xullo e os tratamentos da varroa xa repartíronse según o calendario publicado, os que teñen máis de 100 colmeas recibírono no seu domicilio. Os socios e socias que non o recolleran, por favor que o fagan o antes posible.


Voltar