+ 34 981 508 142

RESULTADOS TRAMPEO VESPA VELUTINA ASTURIAS 2018

27 de xullo de 2018

 

Os compañeiros de ADAPAS, socios da CODACC e integrantes da Plataforma Stop Velutina Asturias, enviaronnos os resultado da primeira fase do Plan de Control da Vespa velutina no Principado de Asturias, que consistiu nun trampeo coordinado e controlado pola administración asturiana en colaboración co sector apícola e sociedade civil.

Dende AGA consideramos que os resultados son interesantes á hora de coñecer mellor os efectos do trampeo e os seus posibles beneficios e pensamos que é un bo exemplo de colaboración entre administración e sociedade.

As conclusións que máis significativas nos parecen son:

  • As variables máis influintes para a eficacia das trampas son a proximidade a niños non eliminados no ano precedente e a cursos de auga.
  • As capturas de abellas son moi escasas en todas as trampas, especialmente co atraente VetoPharma.
  • A inmensa maioría de insectos capturados son dípteros (aínda que non contabilizados).
  • Os danos colaterais provocados polo trampeo, ao capturar outros insectos, son moi asumibles tendo presente o potencial destructor de V. velutina (12.601 Vv * 750 gr insec./niño = 9,45 Tm/día)
  • A aplicación AvisAp pode ser unha ferramenta de gran utilidade: permitiu a xestión de 1.918 trampas de 275 usuarios, rexistrando unhas capturas totais de 12.601 raíñas de V. velutina.

Neste enlace pódese descargar o documento completo:

https://www.apiculturagalega.es/cursos/ficheros/asturias.pdf


Voltar