+ 34 981 508 142

SEMANA DAS ABELLAS DE FERROL

A DAGA Ferrolterra organiza a Semana das Abellas en colaboración co concello de Ferrol, nas que se inclúen:

Charlas técnicas sobre a Vespa velutinaNa Capela do Centro Cultural Torrente Ballester (Rúa Concepción Arenal s/n - Ferrol) sobre a Vespa velutina, os días 19, 20 e 21 de novembro. 

Exposición "Abellas e medio ambiente". No Centro Cultural Antiguo Hospicio, os días 29, 30 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro.

 

Charlas técnicas:

19 de novembro ás 19 h. "Os custes para os produtores de mel na loita contra a vespa asiática". Por Ana I. García Arias e María Amparo Ferreira Golpe. Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria - Departamento de Economía Aplicada. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. USC

20 de novembro ás 19 h. "Procura de patóxenos autóctonos de Vespa velutina". Por Xulio Maside Rodríguez. Grupo de Xenómica Comparada de Parásitos Humanos. Grupo de Medicina Xenómica. USC    

21 de novembro ás 19 h. "Protocolo de actuación ante as picaduras dos himenópteros". Por Pilar Iriarte Sotes. Médico Adxunto de Alergoloxía do Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

 

Exposición "Abellas e medio ambiente"

No Centro Cultural Antiguo Hospicio, os días 29, 30 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro.

Exposición de carácter divulgativo con horario de atención a escolares, de 9:00 a 13:30 horas, e aberto ao público xeral polas tardes de 17 a 20 horas, aproximadamente, co obxecto de facer unha aproximación ao mundo das abellas, na importancia da polinización para o medio ambiente e para a alimentación, ademais de abordar o problemas das especies invasoras.


Voltar