+ 34 981 508 142

SIMPOSIO CIENTÍFICO - BEE WEEK 2018

Lugar: Bruxelas, Parlamento Europeo

Data: Do 26 ó 28 de xuño 2018.

Achégase a Semana da Abella no Parlamento Europeo. As partes interesadas de toda Europa reúnense para debater e tratar de crear un mellor futuro para os polinizadores. Este ano, a axenda inclúe o simposio científico, organizado pola EFSA Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria.



A EFSA e outros coorganizadores da Bee Week, incluído BeeLife, convidan a todas as partes interesadas a unirse ao simposio. O ano pasado, os participantes renovaron o seu compromiso de traballar xuntos, mostrando un progreso significativo e a vontade de cooperar para o futuro dos polinizadores. Con todo, os esforzos deben continuar, e este ano planifícanse unha nova discusión e novos compromisos.

O ano pasado, as intervencións de políticos, científicos, apicultores, ONG e a industria levaron á creación dunha asociación europea para a saúde das abellas. Nesta ocasión, o mandato da alianza darase a coñecer ao público. É o resultado dos moitos meses de traballo da Bee Partnership, un grupo de interese da EFSA do cal BeeLife é membro.

Máis información en www.beeweek.eu


Voltar