+ 34 981 508 142

ÚLTIMAS NOVIDADES DA VESPA VELUTINA

25 de maio de 2018

Na Mostra Galega de Apicultura, que terá lugar o 2 de xuño en Arzúa, presentaremos as últimas novidades sobre trampas contra a Vespa velutina

Na sesión da tarde, ás 17 h. faremos presentación dos últimos sistemas na loita contra o tártago asiático. Entre as novidades está a "trampa-diana", unha novidosa trampa 100% selectiva que nos traerá Eugenio Pichel de SANVE Sistemas anti-velutina. Tamén participará o profesor José Antonio Pose, do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela para presentar un modelo de trampa ideado por un grupo de alumnos do Politécnico dentro do proxecto Opersourcevelutina, un proxecto aberto e colaborativo para facer fronte ó tártago asiático. E por último, presentaremos outra trampa selectiva recén chegada de Francia e que estará á venta en Apiyago.

Haberá tamén unha exposición durante todo o día de diferentes mecanismos de trampeo e protección de colmeas, na que participarán Fernando Cores, Vel-Zapper, Pablo Freire, Eugenio Pichel e Benigno Fernández, entre outros.

Máis información do programa da Mostra.


Voltar