+ 34 981 508 142

VARIADA OFERTA DE ACTIVIDADES NAS DAGAS

16 de abril de 2019

No próximo mes de maio as DAGAs ofrecen un amplo e variado programa de actividades, unha boa oportunidade para fomarse e actualizar coñecementos que vos animamos a aproveitar. Os temas que se tratarán van dende a produción de pole e própole, apicultura ecolóxica, cría de raíñas e reprodución do apiario, entre outras.

A continuación publicamos un resumo das actividades programadas, a información completa pódese consultar en: Programa actividades DAGAs 2019

DAGA FERROL: Reprodución e selección do apiario, por persoal DAGA Ferrol. Inicio 27 de abril, na AAVV Sedes, Narón

DAGA BERGANTIÑOS: Xornada práctica sobre a própole e o pole. Por Juan Guijarro, apicultor profesional. 4 de maio, no Espazo da Natureza de Oza (antiga escola unitaria), Carballo

DAGA MORRAZO: Charla Apicultura Ecolóxica. Por Perfecto García, apicultor en ecolóxico. 4 de maio, na Casa da Mocidade O Rosal, Moaña

DAGA SALNÉS:

Charla sobre a elaboración de meles crema. Por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA. 10 de maio en Erica Mel, Arzúa

Curso reprodución e cría de raíñas. Por Apilarouco. 11 e 12 de maio, na Casa da Cultura de Galáns

DAGA CORUÑA: Xornada cría de raíñas (nivel básico). Por Juan Guijarro, apicultor profesional. 10 e 20 de maio, A Coruña e Culleredo

DAGA RÍAS BAIXAS: Xornada multiplicación do apiario. Por Xosé Manuel Docampo, apicultor. 11 de maio no Centro Neural, Gondomar

DAGA ORTEGAL: Prácticas de perfeccionamento, por persoal DAGA Ortegal. 19 de maio, Centro Social San Adrián, Ortigueira


Voltar