+ 34 981 508 142

VIAXE A GRECIA DE AGA

27 de setembro 2019

Mañán 28 de setembro saen para Grecia un grupo de apicultores e apicultoras galegos, que coñecerán durante unha semana a apicultura grega da man da empresa apícola Anel, que colaborou na organización da viaxe. Visitarán a Federación de Apicultores de Grecia, o Instituto de Investigación Apícola Helénico, empresas apícolas como Attiki Pittas, Apitiva ou Anel. 

Nos próximos días iremos publicando imaxes que nos enviarán os nosos compañeiros dende Grecia, onde, ademais de apicultura, visitarán míticos lugares como o Partenón de Atenas ou os mosteiros de Meteora. 

Boa viaxe!


Voltar