+ 34 981 508 142

630 069 637


VIAXE APÍCOLA: CONGRESO NACIONAL APICULTURA, MÁLAGA

02 de abril de 2020

Con motivo da celebración do X Congreso Nacional de Apicultura en Málaga, do 1 ó 5 de outubro, AGA organizará unha viaxe apícola na que, ademais de asistir ó congreso, se realizarán visitas técnicas e turísticas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O prezo da viaxe de cinco días de duración, do 30 de setembro ó 4 de outubro, será de 400 € aproximadamente. Este prezo inclúe a viaxe en avión desde Santiago e o aloxamento con almorzo. Non está incluída a entrada ó congreso, e tampouco as comidas e visitas técnicas.

As persoas interesadas poden anotarse ata o día 20 de abril no teléfono 630 069 637 ou por email info@apiculturagalega.es. Cando xa teñamos o número de participantes aproximado, publicaremos o programa detallado, o prezo final e abriremos o prazo de inscrición para formalizar as reservas.

O prazo de inscrición no congreso está aberto a través da web do congreso. Ata o 30 de xuño a tarifa é de 80 € e a partir desa data será de 100 €. Máis información sobre o programa do congreso e as inscricións en www.congresoapicultura.es.


Voltar