+ 34 981 508 142

630 069 637


VISIÓN GLOBAL DO MERCADO DO MEL, POR XOSÉ TORRES

24 de abril de 2020

No mes de marzo tiñamos previsto realizar unha xornada sobre a comercialización do mel, que foi suspendida debido ó comezo do estado de alarma.  Retomaremos esta formación para cando sexa posible e, polo momento, publicamos o artigo dun dos relatores da xornada, o presidente de AGA Xosé Torres, sobre o mercado do mel a nivel mundial. 

O documento foi elaborado esencialmente a partir dun artigo de Étienne Bruneau sobre o mercado do mel, publicado na revista Abeilles & Cie nº 193 - 2019, e mais da Declaración de Apimondia sobre a fraude no mel (xaneiro do 2020), ao que se lle foron agregando datos doutras fontes que citamos na bibliografía. A todos eles o noso agradecemento en prol da apicultura.

A continuación pódese ler a introdución e adxuntamos un enlace para a súa descarga completa.

 

VISIÓN GLOBAL SOBRE O MERCADO DO MEL

Xosé Torres Romar, presidente de AGA

O comercio mundial dos meles e derivados melifluos traficados está a soportar desde os principios deste século XXI unhas reviravoltas breves e descontinuas impregnadas de incertezas e balbordos fundamentados na produción, nos prezos, na importación ou exportación, na cabana apícola e na fraude meleira, sufrindo varias crises e abusos comerciais cunhas tendencias económicas e demandas de mel insaciables. Ademais, por suposto, da falta de clareza na etiquetaxe do mel, que alguén con máis poder que moitos dos estados membros da UE non quere ver clara, como é a propia Comisión Europea na súa globalidade e unanimidade.

No tocante aos abelleiros e abelleiras, por unha banda, o grupo de traballo Mel COPA (organizacións agrarias)-Coxeca (Confederación Xeral de Cooperativas Agrarias) advirte do insuficiente coñecemento por parte destes do mercado do mel e das consecuencias sobre o seu porvir, así como de que non se escoite a alerta lanzada polos apicultores profesionais debido á non-venda do seu mel, cando debería haber mercado para este a un prezo xusto.

Pola outra banda, Apimondia, a Federación Internacional de Asociacións de Apicultura, eleva nunha declaración o seu posicionamento sobre a análise da pureza e a autenticidade do mel para as autoridades, os comerciantes, os supermercados, os consumidores e outros actores no comercio do mel, destacando así mesmo os efectos negativos sobre as abellas, a polinización dos cultivos, a seguridade alimentaria e, por suposto, as apicultoras e os apicultores.

Descargar artigo completo

 


Voltar