+ 34 981 508 142

VISOR CARTOGRÁFICO DO INVENTARIO DE ALVARIZAS TRADICIONAIS DO COUREL

11 de marzo de 2019

Dentro do proxecto LIFE Oso Courel, realizouse un inventario e revisión das alvarizas existentes na Serra do Courel. Rexistráronse 192, cunha maior preseza nas laderas máis térmicas da zona sur, debido ás súas mellores características para a produción apícola. Para contribuir ó coñecemento e conservación deste patrimonio, elaborouse un visor cartográfico no que se pode observar a localización xeográfica das alvarizas inventariadas xunto con información básica de cada un deles recollida durante o traballo de campo.

O inventario foi coordinado por Martiño Cabana, Roberto Hermida e Israel Ferrero, coa participación da Asociación Galega de Custodia do Territorio, a Asociación Galega de Apicultura e aa Fundación Oso Pardo.

Enlace visor cartográfico: https://m.fundacionosopardo.org/wp-content/uploads/2019/02/Visor.html


Voltar