+ 34 981 508 142

VOTACIÓN PARA A RESTRICCIÓN DOS PRAGUICIDAS NA UE

3 de decembro de 2018

O próximo 12-13 de decembro someterase a votación en Bruxelas o Documento guía da EFSA sobre a avaliación dos riscos dos praguicidas para as abellas (en inglés), a través da cal os praguicidas autorizados actualmente, e que se pretendan autorizar no futuro, terán que pasar a mesma avaliación de riscos que pasaron os tres neonicotinoides que foron prohibidos todos os usos ó aire libre na UE.

Significa que moitos praguicidas serían restrinxidos ou directamente prohibidos ou non autorizados, debido á peligrosidade que representen para as abellas e outros polinizadores e sería necesario poñer en valor as alternativas e sobretodo un modelo de agricultura sustentable. 

No primeiro tanteo que fixo a Comisión Europea, só 10 países estaban a favor da proposta da CE (AT, BE, CY, DE, DK, FI, FR, LU, SE, SK) e os demais 18 en contra ou piden unha revisión detallada do documento que podería tardar dous ou tres anos. España está entre os países que se opoñen á proposta.

Desde Greenpeace elaboraron unha carta (descargar documento), apoiada por máis de 110 organizacións nas que se atopa tamén AGA, que se enviará ó Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, con copia ó Ministerio de Transición Ecolóxica e Director Xeral de Sanidade da Produción Agraria, para pedir o voto a favor desta proposta.


Voltar