+ 34 981 508 142

XORNADA APICULTURA E FRUTICULTURA, 11 DE MAIO EN ALLARIZ

A Escola Galega de Apicultura organiza para o día 11 de maio en Allariz unha xornada sobre apicultura e fruticultura, que vai dirixida principalmente a promover as explotacións mixtas entre dúas actividades moi ligadas entre sí. Participarán, entre outros, expertos técnicos na produción de castañas e mazás, con moi boa demanda no mercado e cunha floración moi interesante para a actividade apícola.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na xornada, explicaremos a importancia da diversificación na apicultura, o potencial apícola e frutícola que temos nos nosos montes e teremos expertos técnicos na produción e comercialización de diferentes tipos de froita, como a mazá e a castaña.

Nos próximos días publicaremos o programa completo da xornada, que se completará cunha visita de campo no verán.

O prezo para socios e socias de AGA é de 20 € e para o resto 40 €. Para participar é necesario inscribirse enviando a ficha de inscrición a info@apiculturagalega.es.

Máis información e inscricións: https://www.apiculturagalega.es/…/PROGRAMA-DE-FORMACION…/102


Voltar