+ 34 981 508 142

XORNADA PRÁCTICA CRÍA DE RAÍÑAS NA DAGA CORUÑA

Esta formación, organizada por DAGA Coruña e impartida polo socio Juan Guijarro, apicultor profesional, será principalmente práctica e vai dirixida a apicultores e apicultoras que queiran iniciarse na cría de raíñas. O segundo día, 20 de maio, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Abella, realizarase a segunda parte do curso no Xardín Botánico de Culleredo cunha actividade aberta a todo o público, na cal poderá observarse o nacemento das raíñas en directo.

 

Xornada práctica cría de raíñas (nivel básico)

Datas e horario: Venres 10 e luns 20 de maio, de 16 h. a 20 h.
Lugar: Colmear arredores da Coruña e Xardín Botánico Culleredo
Máximo: 20 participantes (por orde de inscrición)
Prezo: De balde para socios/as de AGA e 50 € para o resto.

Inscricións: Ata o día 6 de maio, enviar a ficha de inscrición cuberta e o xustificante de pagamento, no caso de ser necesario, a info@apiculturagalega.es

 


Voltar