+ 34 981 508 142

XORNADA PRÁCTICA SOBRE A CERA

Data: 15 de xuño 2019
Lugar: Apícola Carballal, Ourense

Xornada práctica de formación sobre a cera, na que se explicará a importancia da cera na saúde da colmea, as diferentes alternativas para a súa renovación e como realizar un correcto manexo, tanto no recambio da cera dentro da colmea como no proceso de fundido e laminado. 

A formación inclúe unha visita nas instalacións de Apícola Carballal para ver o procesado da cera, do mel, a elaboración de cervexa e a tenda de material apícola. 

A participación é de balde, só para socios e socias de AGA, pero é precisa a inscrición previa, enviando a AGA a ficha de inscrición. 

Ó rematar a xornada haberá unha charla sobre prevención de riscos en apicultura, organizada xunto co SLG e tamén é de balde. Para asistir á charla é preciso anotarse por separado. Máis información: Prevención Riscos Apicultura

 


Voltar