+ 34 981 508 142

630 069 637


XORNADA SOBRE A COMERCIALIZACIÓN DO MEL

Data e hora: 14 de marzo 2020, de 11 a 14 e de 16 a 18 h.
Lugar: EGA Escola Galega de Apicultura (Fundación Ramón González Ferreiro,) - Paciños, Allariz

Esta xornada vai dirixida a apicultores e apicultoras con experiencia, coa finalidade de debatir sobre o tema da comercialización do mel en Galicia. Na xornada intervirán persoas expertas que farán unha exposición sobre a materia e a continuación abrirase un debate para que as participantes opinen e aporten as súas ideas. A asistencia é de balde pero requírese a inscrición previa, antes do 11 de marzo.

Esta xornada está incluida no programa de xornadas de actualización apícola que comezamos o pasado 15 de febreiro en Arzúa co tema de sanidade. Dende AGA consideramos necesaria este tipo de xornadas para reflexionar dun xeito colectivo e incorporando diferentes visións sobre este tipo de temáticas, xa que nos últimos tempos a apicultura, así como todo o relacionado co medio ambiente,  caracterízase pola inestabilidade e complexidade, e polo tanto para asegurar a súa continuidade é precisa a actualización e o aprendizaxe continuo.

 

Temas

  • O mercado do mel a nivel mundial. Xosé Torres, presidente de AGA
  • Comercialización do mel en Galicia. Suso Asorey, representante de Erica Mel
  • O papel da IXP Mel de Galicia na comercialización do mel. Esther Ordóñez, presidenta I.X.P. Mel de Galicia
  • Comercialización do mel ecolóxico
  • Venta directa e mercado local

 

Inscricións

Participantes: Apicultores e apicultoras con experiencia
Prezo: De balde
Inscricións: Por email info@apiculturagalega.es ou tel. 981 508 142
Data límite: 11 de marzo


Voltar