+ 34 981 508 142

XXX FEIRA DO MEL E IV DA MAZÁ

Ortigueira, 10 e 11 de novembro 2018

Esta fin de semana terá lugar en Ortigueira a 30ª edición da Feira do Mel e a IV da Mazá, que organiza a DAGA Ortegal e Concello de Ortigueira.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O sábado haberá unha xornada sobre o mundo apícola e da mazá, que comezará ás 10.30 h. cunha ruta por plantacións de maciñeiras de sidra, dende o Centro Social de Ortigueira, e continuará ás 13.30 h. cunha cata de meles por parte da IXP Mel de Galicia no mesmo lugar. Pola tarde, dentro do acto conmemorativo á XXX Feira do Mel que comezará ás 18.30 h. no Teatro de Beneficiencia, inclúese a charla "Perspectivas da apicultura en Galicia" por Xosé Torres, presidente de AGA.

O domingo terá lugar a feira coa exposición e venda de produtos apícolas, froita, artesanía, produtos da comarca e maquinaria. Durante o día ofreceranse varias actividades para todos os públicos: showcooking, catas de cervexa de mel e hidromel, obradoiros de candeas, actuacións musicais e moito máis.

 


Voltar