+ 34 981 508 142

630 069 637


CURSO BÁSICO ONLINE 2020

Organiza: AGA
Datas: Teoría do 27 de maio ó 27 de xuño 2020 e prácticas 4 xullo e 5 setembro
Lugar: Teoría online e prácticas en Arzúa e Allariz
Prezo: De balde socios/as AGA e para o resto 50 €
   

Curso dirixido ás persoas que queiran inicarse na apicultura ou que xa teñan colmeas pero queiran actualizar coñecementos. Terá unha parte teórica online dun mes de duración e dous días de prácticas presenciais durante o verán.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Relatores: Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, veterinarios de AGA

Datas e lugares:
Teoría online do 27 de maio ó 27 de xuño
Prácticas presenciais 4 de xullo en Arzúa e 5 de setembro en Allariz (pendente confirmación)

Prezo: De balde para socios/as AGA e 50 € para o resto

Pagamento: Nº de conta de AGA ES02 2080 0348 38 3000018210 (ABANCA), indicar no concepto o nome da persoa e "Curso básico online"

Inscricións: Enviar a ficha de inscrición cuberta a info@apiculturagalega.es antes do 22 de maio, xunto co xustificante de pagamento de ser o caso

Formato: A parte teórica do curso farase online, a través do envío de materiais de lectura, audiovisuais e unha sesión semanal por videoconferencia cos relatores. Ademais, durante todo o curso abrirase un grupo de whatsapp para facer consultas e resolver dúbidas. A parte práctica presencial realizarase no verán, as datas confirmaranse en función da situación respecto á crise do COVID19 e as condicións climatolóxicas.

Programa:

1. Introdución, flora melífera e apicultura como actividade multifuncional

2. As abellas, a colmea, utensilios e o apiario

3. A reproducción das colmeas e alimentación

4. Sanidade apícola, produtos das abellas e guía de boas prácticas  

5. Visita e prácticas no apiario (é preciso ter traxe apícola)


 


Documentación:

Ficha inscrición cursos


Voltar