+ 34 981 508 142

630 069 637


CURSO INCORPORACIÓN AGRARIA - MÓDULOS ESPECÍFICOS APICULTURA

Organiza: AGA e SLG
Datas: Varias datas 2020
Lugar: EGA - Paciños, Allariz
Prezo: De balde para socios/as de AGA e 225 € para o resto
   

Organizado por AGA xunto co SLG e impartido por Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, veterinarios de AGA, xunto con outros apicultores e apicultoras profesionais. Ofreceranse os tres módulos específicos para apicultura, necesarios para solicitar a subvención de incorporación para xente moza, e obterase un certificado oficial. Tamén poden participar persoas que non pidan a subvención.

Terá unha duración de cen horas, das cales o 50 % serán prácticas. Para obter o certificado é obrigatoria a asistencia dun 90 % das horas e a realización dun exame, para o cal se fixará unha data despois do curso. 

Prezo: De balde para os socios e as socias de AGA e do SLG, para o resto 225 €.

Inscricións: Enviar a ficha de inscrición a info@apiculturagalega.es, xunto co xustificante de pagamento, de ser o caso.

Data límite: 15 de abril

 

CALENDARIO

Módulo 6: Bioloxía, instalacións e materiais (30 h: quince horas teóricas e quince horas prácticas): 2, 3, 16 e 17 de maio.

Módulo 7: Manexo da alvariza (35 h: vinte horas teóricas e quince horas prácticas): 20 e 21 de xuño, 4 e 5 de xullo e 5 de setembro.

Módulo 8: Sanidade apícola, normativa e comercialización (35 h: vinte horas teóricas e quince horas prácticas): 6, 19 e 20 de setembro e 3 e 4 de outubro.

 

PROGRAMA 

O programa detallado de cada módulo, xunto cos horarios, será publicado próximamente


Documentación:


Voltar