+ 34 981 508 142

CURSOS BÁSICOS APICULTURA 2020

Organiza: AGA
Datas: Primavera 2020
Lugar: Varios
Prezo: 50 € / De balde para socios/as AGA
   

Cursos básicos de apicultura, con teoría e práctica, de 2 días de duración. 

Horario: Sábado de 10 a 14 e de 16 a 19 h. e domingo de 10 a 14 h.

Participantes:  Mínimo 15 persoas, máximo en función do aforo do local

Prácticas: É preciso traer traxe apícola. O horario e o día das prácticas poderán modificarse en función da climatoloxía.

Prezo: 50 € / de balde para socios e socias. Inclúe a entrega da publicación "Curso de apicultura"

Inscricións: Data límite unha semana antes do curso. Enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pagamento, de ser o caso, a info@apiculturagalega.es.

 

CALENDARIO

Arzúa, 25 e 26 de abril. Centro do Queixo e do Mel. Inclúe a visita ó museo Enredo do Abelleiro

Allariz, 9 e 10 de maio. Escola Galega de Apicultura

DAGAs:

  • DAGA Rías Baixas - Gondomar. 21 e 22 de marzo, Centro Neural
  • DAGA Morrazo - Bueu. 18 e 19 de abril, Casa do Pobo
  • DAGA Ortegal - Ortigueira. 16 e 17 de maio, Antigo Hospital de San Roque
  • DAGA Bergantiños - Carballo. 23 e 24 de maio, Escola Unitaria de Oza
  • DAGA Coruña - Abegondo. 20 e 21 de xuño, Casa das Abellas

 

PROGRAMA CURSO

1. Introducción

Reprodución das plantas con flor. Polinización

A apicultura, unha actividade multifuncional: produtos apícolas, biodiversidade. Produción de alimentos

Da flor a mesa. Historia dunha pinga de mel

Produción apícola:  Potencial melífero do entorno. Nivel de toxicidade. Forza das colónias. Condicións climáticas

2. As abellas e a colmea

Individuos da colmea: Raiña, obreiras, zánganos

Ciclo biolóxico das abellas. Morfoloxía da abella

Os oficios das abellas. Comunicación das abellas

As colmeas. Tipos de colmeas. Partes da colmea

Manexo da colmea ao longo do ano. Materiais e utensilos do apicultor. O afumador

3. O apiario

O apiario. Asentamento do apiario. Factores a ter en conta

Lexislación, distancias.

Reprodución das colmeas. Métodos de reproducción

Calendario do apicultor

4. Sanidade apícola

Concepto de sanidade apícola. Prevención de doenzas das abellas. Factores  que condicionan a saúde das abellas

Principais enfermedades e enemigos das abellas: Loque americana, varroa, Vespa velutina. Control e tramentos. Desinfección de materiais e equipos

Alimentación suplementaria das abellas. Necesidades alimenticias. Tipos de alimentadores. Épocas do ano

Axudas do PLAN APICOLA anual

5. Produtos das abellas.

Composición e usos de cada un. Produción de mel, pole, própole, cera…

A esmelga. Procesado dos produtos apícolas

Meles monoflorais. IXP-Mel de Galicia. Produción ecolóxica. Mel crema e derivados

Comercialización e prezos;  a granel,cooperativismo, individual…

Produción primaria: Mel das miñas colmeas

6. Guía de boas prácticas apícolas

 

7. Visita e prácticas no apiario (é preciso ter traxe apícola)


Documentación:

Ficha inscrición cursos AGA


Voltar