+ 34 981 508 142

CURSOS BÁSICOS DE APICULTURA 2019

Organiza: Asociación Galega de Apicultura
Datas: Primavera 2019
Lugar: Varios Galicia
Prezo: De balde para socios/as AGA e 50 € para o resto
   

Horario: sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h (teoría) e domingo de 10 a 14 h (prácticas).

Inclúe: publicación "Curso de Apicultura" de AGA

Prezo: 50 € / de balde para socios e socias

Participantes:  mínimo 15 persoas, máximo en función do aforo do local

Prácticas: é preciso traer traxe apícola. O horario e o día das prácticas poderán modificarse en función da climatoloxía.

Inscricións: Data límite unha semana antes do curso. Enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pagamento a info@apiculturagalega.es.

 

Calendario de datas e lugares:

Gondomar, DAGA Rías Baixas. Centro Neural, 16 e 17 de marzo.

Lugo. Centro de Convivencia de Fingoi, 6 e 7 de abril

Vilagarcía de Arousa, DAGA Salnés. Casa da Cultura de Galáns, 13 e 14 de abril

Narón, DAGA Ferrol. AAVV Rosa dos Ventos, Sedes, 13 e 14 de abril.

Lourenzá. Local do SLG, 13 e 14 de abril.

Allariz. EGA, Paciños, 4 e 5 de maio.

Folgoso do Courel. Casa do Concello, 4 e 5 de maio.

Abegondo. Casa das Abellas, 4 de maio e 2º día pendente confirmar (os dous días en horario de mañá).

Ponteareas. 11 e 12 de maio. Pendente confirmar local.

Ribadavia. Local do SLG, 18 e 19 de maio.

Ortigueira. Centro Social San Adrián, 18 e 19 de maio.

Ordes. Local do SLG, 8 e 9 de xuño.

Moaña, DAGA Morrazo. Casa da Mocidade O Rosal, 22 e 23 de xuño.

 

 

PROGRAMA CURSO

1. Introducción

Reprodución das plantas con flor. Polinización

A apicultura, unha actividade multifuncional: produtos apícolas, biodiversidade. Produción de alimentos

Da flor a mesa. Historia dunha pinga de mel

Produción apícola:  Potencial melífero do entorno. Nivel de toxicidade. Forza das colónias. Condicións climáticas

2. As abellas e a colmea

Individuos da colmea: Raiña, obreiras, zánganos

Ciclo biolóxico das abellas. Morfoloxía da abella

Os oficios das abellas. Comunicación das abellas

As colmeas. Tipos de colmeas. Partes da colmea

Manexo da colmea ao longo do ano. Materiais e utensilos do apicultor. O afumador

3. O apiario

O apiario. Asentamento do apiario. Factores a ter en conta

Lexislación, distancias.

Reprodución das colmeas. Métodos de reproducción

Calendario do apicultor

4. Sanidade apícola

Concepto de sanidade apícola. Prevención de doenzas das abellas. Factores  que condicionan a saúde das abellas

Principais enfermedades e enemigos das abellas: Loque americana, varroa, Vespa velutina. Control e tramentos. Desinfección de materiais e equipos

Alimentación suplementaria das abellas. Necesidades alimenticias. Tipos de alimentadores. Épocas do ano

Axudas do PLAN APICOLA anual

5. Produtos das abellas.

Composición e usos de cada un. Produción de mel, pole, própole, cera…

A esmelga. Procesado dos produtos apícolas

Meles monoflorais. IXP-Mel de Galicia. Produción ecolóxica. Mel crema e derivados

Comercialización e prezos;  a granel,cooperativismo, individual…

Produción primaria: Mel das miñas colmeas

6. Guía de boas prácticas apícolas

7.  Visita e prácticas no apiario (é preciso ter traxe apícola)

 

 

 


Documentación:


Voltar