+ 34 981 508 142

630 069 637


CURSOS ESPECIALIZACIÓN 2020: REPRODUCIÓN PRÁCTICA. POR ABELLA MEIGA

Organiza: AGA e Abella Meiga
Datas: 30 e 31 de maio e 13 e 14 de xuño 2020
Lugar: Outeiro de Rei (Lugo)
Prezo: 80 € / Só para socios/as AGA
   

Cursos de reprodución apícola impartidos por Marcos e Jara Varela, de Abella Meiga. 

1. Nivel 1: Formación de núcleos e obtención de mestras. Datas: 30 e 31 de maio

2. Nivel 2: Métodos de selección e cría de mestras, transvasamento. Datas: 13 e 14 de xuño (dirixido só ás persoas que teñan feito o curso de nivel 1)

Imparte: Abella Meiga (Marcos e Jara Varela)

Lugar: Outeiro de Rei, Lugo

Duración total: 13 horas de teoría e prácticas

Horario: 10:30 a 14:00 e 16:00 a 19:00 h

Entrega de material: unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital.

Prezo: 80 €

Participantes: socios de AGA. Mínimo, 10 / máximo, 20.

Inscricións:

Ata oito días antes do inicio ou ata cubrir prazas. Enviarase solicitude contactando por correo electrónico a abellameiga@gmail.com ou por teléfono: 619 744 685. Para confirmar a matrícula débense anticipar 20 €, que non se devolverán, a non ser que o curso se suspenda.

 

PROGRAMA

CURSO REPRODUCIÓN PRÁCTICA. NIVEL 1: FORMACIÓN DE NÚCLEOS E OBTENCIÓN DE MESTRAS

1.- Antecedentes biolóxicos.

Colonia e ciclo anual.

Evolución e calendarios.

Organización social.

Tipos de nais.

 

2.- Enxamía natural.

Causas e desenvolvemento.

Enxames secundarios.

Medios de control.

 

3.- Reprodución controlada.

Técnicas reprodutivas.

 

4.-Formación de núcleos.

División ou agrupación.

Paquetes de abellas.

Núcleos de apoio.

 

5.- Fases na obtención de mestras.

Selección.

Produción de virxes.

Cría de machos.

Apareamento e inseminación.

Introdución.

 

6.- Manexo complementario.

Marcaxe de mestras.

Fecundadores.

 

 

CURSO REPRODUCIÓN PRÁCTICA. NIVEL 2: MÉTODOS DE SELECCIÓN E CRÍA DE MESTRAS. TRANSVASAMENTO

1.- Selección xenética.

Herdabilidade.

Elección de caracteres.

Xestión de datos.

Programas de mellora.

 

2.- Colonias criadoras.

Tipos e usos.

Iniciadoras.

Taboleiro Cloake.

 

3.- Métodos de cría.

En celas de obreira.

En celas reais.

 

4.- Transvase de larvas

Paso a paso.


Documentación:


Voltar