+ 34 981 508 142

630 069 637


PROGRAMA ACTIVIDADES DAGAS 2020

Organiza: DAGAs
Datas: Primavera 2020
Lugar: Varios
Prezo:
   

Programa de formación organizado polas Delegacións de AGA nas súas respectivas comarcas. Inclúen cursos, xornadas e viaxes técnicas sobre diferentes temáticas.

 

DAGA A Coruña

- Charla sobre sanidade apícola, por Carlos Marín, veterinario
20 de marzo, de 18 a 20.30 h, no Mesón-Café Godello (A Coruña). De balde para socios/as AGA e 20 € para o resto.

- Curso de multiplicación do apiario, por Juan Guijarro: data por confirmar.

Máis información: mgutisa@gmail.com e teléfono:664 117 831

 

DAGA Ortegal

- Charla sobre sanidade apícola, por Carlos Marín, veterinario
21 de marzo, de 16 a 18:30 h, no Centro de Formación de Ortigueira - P.I. A Rega - Cuíña (Ortigueira). De balde para socios/as AGA e 20 € para o resto.

- Xornada de apiturismo na Serra do Xurés: data por confirmar.

Máis información: agaortegal@yahoo.es e teléfono 680 277 031.

 

DAGA Rías Baixas

Prácticas manexo primaveral, por Xose Manuel Docampo, apicultor profesional

16 de maio, de 10 a 14 e de 16 a 20 h, no Centro Neural de Gondomar. De balde para socios/as e, se sobran prazas, para persoas non socias terá un custo de 50 €.

Máis información: daga.riasbaixas@gmail.com e teléfono 620 822 229.

 

DAGA O Morrazo

Xornada de apiturismo na Ribeira Sacra, 23 de maio. Só para os socios e socias da delegación.

Máis información: dagamorrazo@hotmail.com e teléfono 659 843 311.

 

DAGA Ferrol

- Charla sobre sanidade apícola, por Carlos Marín, veterinario
21 de marzo, de 11 a 13:30 h, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (Narón). De balde para socios/as e veciños/as de Narón, resto 20 €.

- Curso iniciación á apicultura, no Local Social da AA.VV. Sedes (Narón). Inicio en abril. Duración 40 horas. De balde para socios/as e veciños/as de Narón, resto 50 €.

- Día Mundial das Abellas: 20 de maio, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (Narón). Charla para o público xeral e actividade escolares.

- Obradoiros: Procesado da cera / Licores artesanais de mel / Xabóns do apicultor / A própole e o seu uso. Local Social da AA.VV. Rosa dos Ventos de Sedes (Narón). Duración 2 horas. Prezo para socios/as e veciños/as de Narón, 10 €; resto, 20 €.

Máis información: dagaferrol@hotmail.com e teléfono 661 378 960.

 

DAGA Mondoñedo

Charla sobre sanidade apícola, por Carlos Marín, veterinario
22 de marzo, de 11 a 13.30 h, no Centro Comarcal A Mariña Lucense (antigo cuartel). De balde para socios/as AGA e 20 € para o resto.

 

DAGA Bergantiños

Obradoiro de estampaxe de cera
25 abril 2020, de 15 a 18 horas, na Escola Unitaria de Oza, Carballo. Só para as socias e os socios.

Máis información: dagabergantinhos@gmail.com e teléfono 653 199 799.

 

INSCRICIÓNS

Enviar a ficha de inscrición cuberta a info@apiculturagalega.es, xunto co xustificante de pagamento, de ser o caso.

Data límite: unha semana antes do curso.

 


Documentación:


Voltar