+ 34 981 508 142

PROGRAMA ACTIVIDADES DAGAS

Organiza: DAGAS
Datas: Primavera 2019
Lugar: Varios
Prezo:
   

NOVIDADE!!!!!

DAGA CORUÑA

Xornada práctica sobre cría de raíñas (nivel básico). Por Juan Guijarro, apicultor profesional.
Datas e horario: Venres 10 e luns 20 de maio, de 16 h. a 20 h.
Lugar: Colmear arredores da Coruña e Xardín Botánico Culleredo
Máximo: 20 participantes (por orde de inscrición)
Prezo: De balde para socios/as de AGA e 50 € para o resto.

Esta formación será principalmente práctica e vai dirixida a apicultores e apicultoras que queiran iniciarse na cría de raíñas. O segundo día, 20 de maio, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Abella, realizarase a segunda parte do curso no Xardín Botánico de Culleredo cunha actividade aberta a todo o público, na cal poderá observarse o nacemento das raíñas en directo.

Inscricións: Ata o día 6 de maio, enviar a ficha de inscrición cuberta e o xustificante de pagamento, no caso de ser necesario, a info@apiculturagalega.es

 

DAGA BERGANTIÑOS

Xornada práctica sobre a própole e o pole. Por Juan Guijarro, apicultor profesional
Data e lugar: 4 de maio - Espazo da Natureza de Oza (antiga escola unitaria), Carballo
Máximo: 25 participantes (por orde de inscrición)
Prezo: De balde para socios/as de AGA, 20 €  para o resto.

Inscricións: Ata unha semana antes da xornada, enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pagamento a info@apiculturagalega.es

 

DAGA SALNÉS

Manexo produtivo da colmea vertical. Por Hugo Negrioli, apicultor profesional
Data e lugar: 30 de marzo, na Casa da Cultura de Galáns
Horario: De 10 a 14 e de 16 a 20h
Participantes: Mínimo 20 e máximo 30
Prezo: 50 € socios/as de AGA e 80 € para o resto.

Curso reprodución e cría de raíñas. Por Apilarouco
Data e lugar: 6 e 20 de abril APRAZADO PARA O 11 E 12 DE MAIO, na Casa da Cultura de Galáns
Horario: De 10 a 14 e de 16 a 20 h
Prezo: 50 € socios/as de AGA e 80 € para o resto.
Participantes: Mínimo 20 e máximo 30.

Charla sobre a elaboración de meles crema. Por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA
Data e lugar: 10 de maio en Erica Mel, Arzúa
Horario: de 16.30 a 18.30 h. por Gonzalo Calvo
Prezo: De balde, só para socios/as de AGA.

Inscricións: Ata unha semana antes do curso. Contactar coa DAGA Salnés no email dagasalnes@gmail.com ou no tel. 637 323 904

 

DAGA MORRAZO

Charla Apicultura Ecolóxica. Por Perfecto García, apicultor en ecolóxico
Data e lugar: 4 de maio, na Casa da Mocidade O Rosal - Moaña
Horario: De 11 a 13.30 h
Prezo: De balde, só para socios/as de AGA.

Obradoiro arpas eléctricas - 18 de maio. De 10 a 13 h. Casa da Mocidade - O Rosal. Moaña. Só para socios.  Máximo 30, preferencia socios DAGA.

Inscricións: Ata unha semana antes da xornada. Enviar a ficha de inscrición a info@apiculturagalega.es.

 

DAGA RÍAS BAIXAS

Xornada de multiplicación do apiario. Por Xosé Manuel Docampo, apicultor
Data e lugar: 11 de maio - Centro Neural, Gondomar
Horario: De 10 a 14 e de 16 a 20 h
Prezo: De balde
Participantes: Só para socios/as de AGA. Mínimo 15 e máximo 25.

Inscricións: Contactar coa DAGA Rías Baixas no tel. 620 822 229 ou email daga.riasbaixas@gmail.com.

 

DAGA FERROL

Reprodución e selección do apiario.
Data e lugar: Inicio 27 de abril - AAVV Sedes (Narón)
Horario: De 10 a 14 e de 16 a 20 h
Prezo: 20 € socios/as de AGA e 50 € para o resto.

Obradoiros e xornadas:

Elaboración dos licores artesanais de mel e xabóns do apicultor, 16 de marzo

Xornada sobre a própole e o pole, 6 de abril

Obradoiro sobre o procesado da cera, 11 de maio

Participantes: Máximo 20
Prezo: 10 €.

Programa de sensibilización medioambiental STOP Vespa velutina
Charlas sobre o trampeamento selectivo de raíñas fundadoras.  

Inscricións: Contactar coa DAGA Ferrolterra por email dagaferrol@hotmail.com

 

DAGA ORTEGAL

Prácticas de perfeccionamento, por persoal DAGA Ortegal
Datas e lugar: 19 de maio, Centro Social San Adrián, Ortigueira
Prezo: De balde, só para socios/as de AGA.

Inscricións: Ata unha semana antes da xornada, enviar a ficha de inscrición a info@apiculturagalega.es.

 


Documentación:


Voltar