+ 34 981 508 142

PROGRAMA DE FORMACIÓN ESCOLA GALEGA DE APICULTURA 2019

Organiza: Escola Galega de Apicultura
Datas: Primavera e outono 2019
Lugar: Allariz
Prezo: Varios
   

A Escola Galega de Apicultura, integrada pola Asociación Galega de Apicultura, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, organiza para esta primavera formación sobre diferentes temas: a Vespa velutina 30 de marzo, un curso básico o 4 e 5 de maio e unha xornada sobre explotacións mixtas de apicultura e fruticultura o 11 de maio. Para o outono temos previsto realizar un curso sobre selección e cría de raíñas e outro sobre formación para formadores.

 

XORNADA SOBRE A VESPA VELUTINA

Data: 30 marzo en Paciños, Allariz

Participación: Aberta a todo o público interesado, ata completar aforo

Prezo: De balde, logo de inscrición

Xantar: 8 €, logo de reserva

Inscricións: Por email a info@apiculturagalega.es ou tel. 981 508 142 ata o 27 de marzo, para asistir á xornada e tamén para reservar o xantar

Programa

Ás 10 h: Bioloxía e coñecemento sobre o tártago asiático:

Ciclo biolóxico e comportamento da Vespa velutina, situación en Ourense. Por Joaquín Lozano, veterinario de AGA.
O que aínda non sabemos da Vespa velutina. Por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA.

Ás 11 h: Estratexias de loita: trampeamento, protección das colmeas e retirada de niños tartagueiros.

Trampeamento preventivo e selectivo. Por José Mª Bello, DAGA Morrazo.
Protección das colmeas coas arpas eléctricas. Por Rafa Díaz, DAGA Ferrolterra.
A retirada de niños tartagueiros. Por Miguel Ángel López, Protección Civil de Allariz.

Ás 13 h: Obradoiro: Elaboración e uso de trampas (por grupos, ata cubrir o aforo das aulas).

Ás 16 h: Loita institucional:  asociacionismo e Plataforma Stop Velutina. Por Pepe Torres e Paula Souto, directiva de AGA.

Ás 16.30 h: Presentación dos diferentes modelos de arpas eléctricas. Por construtores e empresas especializadas.

Ás 17.30 h: Obradoiro: Manexo das colmeas e uso das arpas eléctricas (por grupos, ata cubrir o aforo das aulas).

De 10 a 19 h: Exposición «Loita contra a Vespa velutina». Información xeral sobre o tártago asiático, construtores de arpas eléctricas e as outras ferramentas de loita. A día de hoxe temos confirmada a participación de: SANVE - Eugenio Pichel, Fernando Cores, Benigno Fernández, Apiyago, Apícola Regueira e Vel-Zapper. Na web de AGA iremos actualizando a listaxe de expositores.

 

Concentración abelleira: 4 de abril en Ourense

Durante a xornada anunciaremos a convocatoria dunha concentración abelleira para o día 4 de abril a partir das 11 h. diante da Delegación Xunta de Galicia en Ourense (Av. da Habana, 79), para reivindicar a implicación real e efectiva da Xunta de Galicia neste grave problema das abellas e do medio ambiente, que xa está afectando de forma importante a provincia de Ourense. Contamos coa vosa participación, traede os traxes apícolas e afumadores.

 

CURSO BÁSICO DE APICULTURA

Data e horario: 4 e 5 de maio. Sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h  e domingo de 10 a 14 h. 

Participación: Ata cubrir aforo

Prácticas: É preciso traer traxe apícola

Prezo: 50 € / De balde para socios/as de AGA

Inscricións: Data límite 3 de maio. Enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pagamento a info@apiculturagalega.es

Programa:

1. Introducción

Reprodución das plantas con flor. Polinización. A apicultura, unha actividade multifuncional: produtos apícolas, biodiversidade. Produción de alimentos. Produción apícola:  Potencial melífero do entorno. Nivel de toxicidade. Forza das colónias. Condicións climáticas

2. As abellas e a colmea

Individuos da colmea: Raiña, obreiras, zánganos. Ciclo biolóxico das abellas. Morfoloxía da abella. As colmeas. Tipos de colmeas. Manexo da colmea ao longo do ano. Materiais e utensilos do apicultor. 

3. O apiario

O apiario. Asentamento do apiario. Factores a ter en conta. Lexislación, distancias. Reprodución das colmeas. 

4. Sanidade apícola

Concepto de sanidade apícola. Prevención de doenzas das abellas. Factores  que condicionan a saúde das abellas. Principais enfermedades e enemigos das abellas: Loque americana, varroa, Vespa velutina. Control e tramentos. Desinfección de materiais e equipos. Alimentación suplementaria das abellas. 

5. Produtos das abellas.

Composición e usos de cada un. Produción de mel, pole, própole, cera…A esmelga. Procesado dos produtos apícolas. Comercialización e prezos;  a granel,cooperativismo, individual…

6. Guía de boas prácticas apícolas

7.  Visita e prácticas no apiario (é preciso ter traxe apícola)

 

 

XORNADA SOBRE APICULTURA E FRUTICULTURA

Data e horario: 11 de maio, de 11 a 14 e de 16 a 18 h, en Paciños (Allariz)

Participación: Ata cubrir aforo

Visita de campo: No mes de xullo organizaremos unha xornada de campo

Prezo: 20 € para socios/as de AGA / 40 € para o resto

Inscricións: Data límite 3 de maio. Enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pagamento a info@apiculturagalega.es

Programa:

Diversificación en apicultura e as explotacións mixtas. Por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA
Usos do monte e a apicultura. Diego Sánchez, enxeñeiro forestal do SLG
Casos prácticos: A produción de mazás en ecolóxico, castañas, froitos vermellos (arandos, framboesas, etc.) e outros produtos. Coa participación de varios técnicos e produtores especializados

 

OUTRAS XORNADAS

Adiantamos que no outono organizaremos outras xornadas formativas, das que informaremos en vindeiros correos apícolas e na web:

Selección e cría de raíñas. Coa participación de varios relatores especializados de Galicia e Portugal. Destinada a apicultores e apicultoras con experiencia.

Formación de formadores. Dirixida ás persoas interesadas en formarse para dedicarse á actividade de formación apícola.

 


Documentación:


Voltar