+ 34 981 508 142

PROGRAMA FORMACIÓN AGA 2019

Organiza: Asociación Galega de Apicultura
Datas: Primavera 2019
Lugar: Galicia
Prezo: Varios
   

O programa de formación de AGA para esta primavera inclúe: cursos básicos de fin de semana, con teoría e práctica; cursos de especialización, sobre reprodución e cría de raíñas; xornadas técnicas sobre sanidade apícola, a cera e prevención de riscos. Ademais, cada DAGA organiza outros cursos e xornadas sobre diferentes temáticas (programa actividades DAGAs) e tamén a Escola Galega de Apicultura en Allariz ofrecerá un curso básico, unha xornada sobre a Vespa velutina e outra sobre explotacións mixtas de apicultura e fruticultura (programa Escola Galega de Apicultura)

Para inscribirse cómpre enviar a AGA a ficha de inscrición, xunto co xustificante do pagamento, unha semana antes da celebración do curso ou xornada. No caso dos cursos de especialización e DAGAs consultar  no programa como realizar a inscrición.

 

CURSOS BÁSICOS

Horario: sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h (teoría) e domingo de 10 a 14 h (prácticas).

Inclúe: publicación "Curso de Apicultura" de AGA

Prezo: 50 € / de balde para socios e socias

Participantes:  mínimo 15 persoas, máximo en función do aforo do local

Prácticas: é preciso traer traxe apícola. O horario e o día das prácticas poderán modificarse en función da climatoloxía.

 

Calendario de datas e lugares:

Gondomar, DAGA Rías Baixas. Centro Neural, 16 e 17 de marzo.

Lugo. Centro de Convivencia de Fingoi, 6 e 7 de abril

Vilagarcía de Arousa, DAGA Salnés. Casa da Cultura de Galáns, 13 e 14 de abril

Narón, DAGA Ferrol. AAVV Rosa dos Ventos, Sedes, 13 e 14 de abril.

Lourenzá. Local do SLG, 13 e 14 de abril.

Allariz. EGA, Paciños, 4 e 5 de maio.

Folgoso do Courel. Casa do Concello, 4 e 5 de maio.

Abegondo. Casa das Abellas, 4 de maio e 2º día pendente confirmar (os dous días en horario de mañá).

Ponteareas. 11 e 12 de maio. Pendente confirmar local.

Ribadavia. Local do SLG, 18 e 19 de maio.

Ortigueira. Centro Social San Adrián, 18 e 19 de maio.

Ordes. Local do SLG, 8 e 9 de xuño.

Moaña, DAGA Morrazo. Casa da Mocidade O Rosal, 22 e 23 de xuño.

Inscricións

Data límite unha semana antes do curso. Enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pagamento a info@apiculturagalega.es.

 

CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN

1. Abella Meiga (Marcos e Jara Varela)

Lugar: Instalacións de Abella Meiga en Outeiro de Rei (Lugo)

Xornada reprodución básica

Data: 18 de maio de 2019

Horario: 10.30 a 14.00 e 16.00 a 19.00

Participantes: só para socios/as de AGA. Mínimo 10, máximo 20.

Prezo: 30 €

Curso Reprodución Nivel 1: Formación de núcleos e obtención de mestras

Data: 15 e 16 de xuño de 2019

Horario: 10.30 a 14.00 e 16.00 a 19.00

Entrega de material: unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital

Participantes: só para socios/as de AGA. Mínimo 10, máximo 20.

Prezo: 65 €

Curso Reprodución Nivel 2: Métodos de selección e cría de mestras. Transvase

Data: 29 e 30 de xuño de 2019

Horario: 10.30 a 14.00 e 16.00 a 19.00

Entrega de material: unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital

Participantes: só para socios/as de AGA que teñan feito o curso de nivel 1. Mínimo 10, máximo 20.

Prezo: 65 €

Sorteo: entre os asistentes interesados sortearase unha incubadora de raíñas artesanal (usada pero perfectamente operativa).

Inscricións

Ata sete días antes do inicio ou ata cubrir prazas. Para confirmar a inscrición hai que facer unha transferencia de 15 € non devolvibles no caso de cancelación. O resto pagarase en metálico ó inicio do curso. Contactar por correo-e (abellameiga@gmail.com) ou por teléfono (619744685) para cubrir solicitude.

 

2. Apilarouco

Lugar: Centro de Interpretación dos Castros (ó lado do cuartel da Garda Civil) en Cualedro e instalacións de Montalegre Mel en Portugal.

Crecemento do apiario e cría de raíñas  

Datas: 8 e 9 de xuño

Horario: De 10 a 13 h e de 15 a 18.30 h

Modalidade: practico-teórica (aula e apiario)

Entrega de material: documentación variada sobre temas tratados (formato dixital) e raíña virxe engaiolada.

Dereito de admisión á comunidade Apilarouco (integrada por más de 100 apicultores de toda Galicia)

Participantes: só para socios/as de AGA. Mínimo 15 - Máximo 30

Prezo: 50 €

Inscricións

Ata sete días antes do inicio ou ata cubrir prazas. Contactar por correo-e a apilarouco@outlook.es ou por tel. 665820171 para cubrir solicitude. Reserva de praza logo pago por anticipado.

 

NOVIDADE!!!

3. Enredo do Abelleiro

Datas: 25 e 28 de xuño, 9 e 11 de xullo
Horario: De 19 a 20.30 h.
Lugar: Enredo do Abelleiro - Arzúa

Modalidade: teórico-práctico

Imparte: Veterinario de AGA Gonzalo Calvo. 

Participantes: Só para socios e socias de AGA, máximo 15 prazas (por orde de inscrición)

Prezo: 50 €. 

Inscricións

Enviar a ficha de inscrición xunto co xustificante de pago a AGA, antes do día 21 de xuño.

Programa

Día 1: Orfanización da colmea e familiarización das cúpulas

Día 2: Recollida de xelea real e larvas e realización do traslarve

Día 3: Orfanización e preparación dos núcleos

Día 4: Nacemento e recollida das raíñas. Introducción nos núcleos e conservación das raíñas.

 

XORNADAS TÉCNICAS

1. Sesións prácticas sobre sanidade apícola

Serán impartidas polos veterinarios de AGA. En función da climatoloxía esta actividade poderá ser adiada ou suspendida, se non fose posible atopar unha data alternativa. As persoas inscritas recibirán información por email cuns días antelación.

Horario: De 11 a 14 h

Participantes: Só para socios/as de AGA. Mínimo 10 e máximo 20

Prezo: De balde, logo de inscrición

Prácticas: a localización do apiario será comunicada ós inscritos cuns días de antelación. É preciso traer traxe apícola.

 

Calendario e lugares:

Carballo, 6 de abril - APRAZADO PARA O 13 DE ABRIL  - DAGA Bergantiños

Boiro, 6 de abril - APRAZADO PARA O 13 DE ABRIL - DAGA Barbanza

Moaña, 4 de maio (horario de 16 a 19 h) - DAGA Morrazo

A Gudiña - 11 de maio

O Corgo - 18 de maio

Abegondo (Casa das Abellas) - 6 de xullo - DAGA A Coruña

Ortigueira, 23 de xuño (horario de 17 a 19 h) - DAGA Ortegal

 

2. Xornada práctica sobre a cera

Data e horario: 15 de xuño, de 10 a 14 h e de 16 a 17 h
Lugar: Apícola Carballal - Untes, Ourense
Participación: Só para socios/as de AGA, ata cubrir aforo
Prezo: De balde, logo de inscrición

Programa:

A importancia da cera na saúde da colmea
Diferentes alternativas para a súa renovación
O procesado e laminado da cera
Visita instalacións Apícola Carballal: a cera, o mel, material apícola e elaboración de cervexa.

 

3. Formación sobre prevención de riscos en apicultura

Charla organizada en colaboración co Sindicato Labrego Galego, que impartirá un técnico especializado desta entidade.

Data e hora: 15 de xuño, ás 17 h.
Lugar: Apícola Carballal - Untes, Ourense
Participación: Ata cubrir aforo
Prezo: De balde, logo de inscrición

 

Inscricións xornadas técnicas:

Data límite unha semana antes de cada xornada. Enviar a ficha de inscrición a info@apiculturagalega.es


Documentación:

Ficha inscrición cursos 2019


Voltar