+ 34 981 508 142

XORNADAS DE ACTUALIZACIÓN APÍCOLA

Organiza: AGA
Datas: 15 de febreiro e 14 de marzo 2020
Lugar: Arzúa e Allariz
Prezo: De balde / Só para socios e socias de AGA
   

Estas xornadas van dirixidas a apicultores e apicultoras con experiencia, membros de AGA, coa finalidade de debatir e elaborar unhas conclusións sobre asuntos de actualidade apícola. Serán dúas xornadas, unha sobre sanidade, o 15 de febreiro en Arzúa, e outra sobre comercialización, o 7 de marzo en Allariz, nas que cada tema correrá a cargo de persoas expertas, que convidamos como ponentes para facer unha exposición sobre a materia. A continuación, abrirase un debate para que as participantes opinen e aporten as súas ideas e, finalmente, elaboraranse unhas conclusións que irán perfilando unha postura oficial de AGA sobre estes asuntos.  

Dende AGA consideramos necesaria esta xornada para reflexionar e revisar os coñecementos sobre a práctica apícola, dun xeito colectivo e que incorpore as diferentes visións, especialmente a causa dos novos retos e dificultades ás que se enfrontan as abellas e os abelleiros e abelleiras na actualidade. E tamén porque nos últimos tempos a apicultura, así como todo o relacionado co medio ambiente,  caracterízase pola inestabilidade e complexidade, e polo tanto para asegurar a súa continuidade é precisa a actualización e o aprendizaxe continuo.

 

Inscricións:

Participantes: Só para socios e socias de AGA, con experiencia
Máximo: 45 persoas
Inscricións: De balde, previa inscrición no email info@apiculturagalega.es ou 981 508 142

 

Programa:

1. SANIDADE APÍCOLA

Data: 15 de febreiro 2020
Horario: De 10 a 14 e de 16 a 18 h.
Lugar: Centro do Queixo e do Mel, Arzúa
Data límite inscricións: 12 de febreiro

Temas:

- Varroa. Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, veterinarios de AGA

- Vespa velutina. José Mª Bello, DAGA Morrazo, e Rafa Díaz, DAGA Ferrolterra

- Alimentación. Gonzalo Calvo, veterinario de AGA e Marcos Varela, apicultor profesional

 

2. COMERCIALIZACIÓN DO MEL EN GALICIA

Data: 7 de marzo 2020   14 de marzo 2020 ATENCIÓN CAMBIO DE DATA  
Horario: De 10 a 14 e de 16 a 18 h.
Lugar: EGA Escola Galega de Apicultura, Arzúa
Data límite inscricións: 4 de marzo

Temas (pendente confirmar ponentes):

- Mercado do mel a nivel mundial

- Comercialización do mel en Galicia

- Comercialización do mel ecolóxico

- Venta directa e mercado local

 

 


Documentación:


Voltar