+ 34 981 508 142

CURSOS

CURSOS BÁSICOS DE APICULTURA 2019

Primavera 2019

Varios lugares de Galicia durante a primavera. Consultar calendario en "Ler máis" Horario: sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h (teoría) e domingo de 10 a 14 h (prácticas). Inclúe: publicación "Curso de Apicultura" de AGA Prezo: 50 € / de balde para socios e socias Participantes: mínimo 15 persoas, máximo en función do aforo do local Prácticas: é preciso traer traxe apícola. O horario e o día das prácticas poderán modificarse en función da climatoloxía. Inscricións: Data límite unha semana antes do curso. Enviar a ficha de inscrición e o xustificante de pagamento a info@apiculturagalega.es.

Ler máis

SESIÓNS PRÁCTICAS SOBRE SANIDADE APÍCOLA

Primavera 2019

Serán impartidas polos veterinarios de AGA. En función da climatoloxía esta actividade poderá ser adiada ou suspendida, se non fose posible atopar unha data alternativa. As persoas inscritas recibirán información por email cuns días antelación. Horario: De 11 a 14 h Participantes: Só para socios/as de AGA. Mínimo 10 e máximo 20 Prezo: De balde, logo de inscrición Prácticas: a localización do apiario será comunicada ós inscritos cuns días de antelación. É preciso traer traxe apícola.

Ler máis

PROGRAMA FORMACIÓN AGA 2019

Primavera 2019

O programa de formación de AGA para esta primavera inclúe: cursos básicos de fin de semana, con teoría e práctica; cursos de especialización, sobre reprodución e cría de raíñas; xornadas técnicas sobre sanidade apícola, a cera e prevención de riscos. Ademais, cada DAGA organiza outros cursos e xornadas sobre diferentes temáticas e tamén a Escola Galega de Apicultura en Allariz ofrecerá un curso básico, unha xornada sobre a Vespa velutina e outra sobre explotacións mixtas de apicultura e fruticultura.

Ler máis

PROGRAMA DE FORMACIÓN ESCOLA GALEGA DE APICULTURA 2019

Primavera e outono 2019

A Escola Galega de Apicultura, integrada pola Asociación Galega de Apicultura, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, organiza para esta primavera formación sobre diferentes temas: a Vespa velutina 30 de marzo, un curso básico o 4 e 5 de maio e unha xornada sobre explotacións mixtas de apicultura e fruticultura o 11 de maio. Para o outono temos previsto realizar un curso sobre selección e cría de raíñas e outro sobre formación para formadores.

Ler máis

PROGRAMA ACTIVIDADES DAGAS

Primavera 2019

As DAGAs ofrecen varios cursos e xornadas sobre diferentes temas para esta primavera: própole e pole, apicultura ecolóxica, reprodución e cría de raíñas, loita contra a Vespa velutina, etc. Para inscribirse consultar a información de cada DAGA.

Ler máis

CURSO INICIACIÓN Á APICULTURA

16 e 17 de marzo 2019

A DAGA Rías Baixas organiza un curso de iniciación á apicultura en Gondomar a fin de semana do 16 e 17 de marzo. O curso, de 12 horas de duración, inclúe teoría e práctica. Ten un custe de 50 € e é de balde para socios e socias de AGA. Inscricións ata o 14/03 nos tel.: 981 508 142 / 620 822 229 ou por email info@apiculturagalega.es.

Ler máis

CURSO SANIDADE E MANEXO APÍCOLA

10, 11, 24 e 25 de novembro 2018

A Escola Galega de Apicultura organiza este curso dirixido principalmente a apicultores e apicultoras con experiencia coa finalidade de mellorar a saúde das súas colmeas e polo tanto tamén a produción e rentabilidade das explotacións apícolas.

Ler máis

CHARLAS "CAUSAS DA MORTANDADE NAS COLMEAS E COMO PREVILAS"

Outono 2018

Charlas que impartirán en diferentes lugares de Galicia durante o outono os veterinarios de AGA, Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano. Tratarán sobre os diferentes factores que inflúen na mortandade das colmeas (nutrición, idade da raíña, pragas, pesticidas, nosema...). A participación é de balde pero requírese inscrición previa.

Ler máis

Formación DAGA Ferrolterra

5 e 6 de outubro de 2018

Data: 5 e 6 de outubro de 2018 Lugar: Narón, Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiro (Rua Rafael Barez, 30 Alto do Castiñeiro) Organiza: DAGA Ferrolterra Venres 5 de outubro, de 18 a 20 h.: Obradoiro de elaboración de "xabóns do apicultor". Por membros da DAGA Sábado 6 de outubro, de 11 a 13 h. Charla sobre sanidade apícola: varroa e alimentación. Por Joaquín Lozano Parello, veterinario

Ler máis

Resultado trampeo velutina Asturias 2018

Ler máis

Curso de apicultura de lecer e autoconsumo. Casa das Abellas

9, 16, 23 e 30 de xuño de 2018

Os obxectivos deste curso son disfrutar do cultivo das abellas a pequena escala, sendo conscentes desta actividade tan beneficiosa para o medio ambiente e para a saúde das persoas. Vai dirixido a persoas que conten cunha pequena horta e queiran disfrutar dunha actividade e uns produtos únicos.

Ler máis

Cursos de reprodución e cría de raíñas. Apilarouco

27 de maio, 30 de xuño e 1 de xullo de 2018

Visita a explotación de cría de raíñas (27 de maio) e Crecemento do apiario e cría de raíñas (30 de xuño e 1 de xullo).

Ler máis

Cursos de reprodución e cría de raíñas. Abella Meiga

13 de maio, 16, 17, 30 de xuño e 1 de xullo de 2018

Xornada de reprodución apícola básica (13 de maio). Curso reprodución apícola. Nivel 1: Formación de núcleos e obtención de mestras (16 e 17 de xuño). Curso reprodución apícola. Nivel 2: Métodos de selección e cría de mestras. Transvase. (30 de xuño e 1 de xullo)

Ler máis

Curso Superior de Apicultura Comercial

21, 22 de abril, 5, 6, 19 e 20 de maio de 2018

Este curso é o primeiro que se desenvolverá este ano na Escola Galega de Apicultura, un proxecto formativo con sede en Allariz creado a través dun convenio de colaboración entre a Fundación Ramón González Ferreiro, o Concello de Allariz e AGA. Os seus obxectivos son a produción e comercialización de xeito organizado de produtos das abellas que teñen demanda no mercado e contan cun valor comercial engadido.

Ler máis

Programa Formación AGA 2018

Primavera 2018

Como todos os anos a Asociación Galega de Apicultura AGA pon en marcha un amplo programa de formación apícola impartindo xornadas e cursos tanto de iniciación como de especialización. Os cursos básicos teñen como obxectivo promover a incorporación ó sector apícola de novos abelleiros e abelleiras e os cursos de especialización buscan divulgar dende novas técnicas de manexo ata informar sobre as últimas innovacións que afectan ó sector.

Ler máis

Cursos básicos 2018

Primavera 2018

Cursos básicos de 12 horas de duración (2 días de fin de semana). Dirixidos a persoas que queiran iniciarse no mundo da apicultura ou que xa teñan experiencia pero queren actualizar coñecementos. Terán lugar en varios lugares de Galicia durante a primavera.

Ler máis

Formación das DAGAS

Primavera 2018

Cursos e xornadas organizadas polas Delegacións Comarcais de AGA

Ler máis

XVIII XORNADAS APÍCOLAS DO EUME E FEIRA DO MEL

Do 2 ó 7 de outubro de 2017

Do 2 ó 8 de outubro de 2017 en Goente (As Pontes). As xornadas inclúen obradoiros para escolares, a X cata de meles e unha xornada adicada ó própole. O día 8 celébrase a Feira do Queixo e do Mel. A continuación o programa das xornadas. Organiza a DAGA Eume e Casa do Mel. Máis información no tel. 661 003 616.

Ler máis

CURSOS BÁSICOS DE APICULTURA 2017

Primavera 2017

AGA ofrece para esta primavera un programa de cursos básicos de apicultura que terán lugar en varios lugares de Galicia (consultar calendario en "Ler máis"). Os cursos van dirixidos a persoas que queiran iniciarse na apicultura e inclúen prácticas en colmeas. Duración: 12 horas (2 días) Horario: De 11 a 14 e de 16 a 19 Nº participantes: mínimo 15 Prezo: socios/as de AGA gratis. 50 € para non socios/as e inclúe a publicación "Curso de Apicultura"

Ler máis

Xornadas sobre reprodución do apiario

Primavera 2017

Curso práctico de autoreprodución das colmeas impartido por profesionais do sector. Terá lugar en varios lugares e diferentes datas (consultar calendario en "Ler máis") Dirixido só para socios e socias de AGA con formación apícola previa. Duración: 6 horas (1 día) Horario: De 10 a 13 e de 15 a 18 h. Nº participantes: máximo 20. Prezo: 20 €

Ler máis