+ 34 981 508 142

CURSOS

CURSOS DE INICIACIÓN AGA 2016

Primavera 2016

AGA organiza para esta primavera un programa de formación que inclúe 14 cursos de iniciación á apicultura que terán lugar en diferentes puntos de Galicia. Serán de 12 horas de duración, cunha parte teórica e outra práctica. Coa participación no curso entregarase a publicación "Curso de apicultura". Son gratuitos para socios e socias de AGA e teñen un coste de 50 € para persoas non asociadas.

Ler máis

Cursos DAGA Ferrolterra 2016

Primavera e verán 2016

DAGA Ferrolterra ofrece un amplo programa de cursos: técnicas de apicultura natural sostible, de abril a setembro, selección e multiplicación do colmear e varios obradoiros de cera e xabóns artesanais con produtos da colmea. Terán lugar en varios lugares da comarca, algúns de pago e outros gratuitos.

Ler máis

CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN AGA 2016: Reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica de mel e pole

Primavera 2016

O programa de formación de AGA no 2016 inclúe 3 cursos de especialización sobre: reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica de mel e pole. Só para socios/as de AGA e de pago. É preciso ter formación apícola previa.

Ler máis

Xornada formativa: Colleita de pole

14 de xuño de 2015

O pole ten unha demanda cada vez maior e dende AGA queremos continuar coa formación na produción deste novo recurso que proporcionan as abellas. Neste curso aprenderemos qué é o pole e cales son as técnicas de colleita e envasado en seco ou fresco e como comercializalo.

Ler máis

Reprodución e multiplicación do apiario

30 e 31 de maio de 2015

Curso de reprodución e multiplicación do apiario organizado por Apilarouco en Cualedro (Ourense).

Ler máis

Selección e mellora en apicultura / Reproducción apícola e cría de raíñas

25 e 26 de abril e 13 e 14 de xuño de 2015

Cursos de especialización apícola sobre a cría de raíñas e selección. Impartidos por Marcos Varela e Jara Varela de Abella Meiga, en Outeiro de Rei (Lugo)

Ler máis

Cursos de iniciación AGA 2015

Dende abril ata xullo 2015

Cursos teórico-prácticos destinados ás persoas que queren comezar na apicultura e ás que xa teñen xa experiencia pero queren renovar coñecementos. Realizaranse en 11 lugares diferentes de toda Galicia e terán unha duración de 3 días mais o día de campo en xullo.

Ler máis

Día de campo en Covas

5 de xullo de 2015

Esta xornada consistirá nunha visita a Covas, no concello de Taboada, cunha explotación apícola incluida nun proxecto de recuperación do rural. Forma parte do programa dos cursos de iniciación, polo que poden asistir as persoas anotadas ós cursos e socios/as de AGA de forma gratuita, previa inscrición na xornada.

Ler máis

DAGA Ferrolterra - Programa de formación 1º semestre 2015

1º semestre 2015

A delegación AGA Ferrolterra organiza para este primeiro semestre do ano un curso de técnicas de apicultura natural sostible, prácticas de perfeccionamento nos seus colmeares, un curso de reproducción apícola básica, obradoiros de xabóns e procesado de cera e unha xornada formativa con motivo da celebración do 30 aniversario da delegación titulada "Biodiversidade=abellas=alimentos e saúde". Mais información e inscricións na Delegación de AGA Ferrolterra no email dagaferrol@hotmail.com ou por tel. 661 378 960

Ler máis

Sanidade apícola

28 de marzo de 2015

Curso teórico-práctico sobre sanidade apícola que impartirá o veterinario de AGA Gonzalo Calvo en Viana do Bolo.

Ler máis

Sesións sobre a Velutina - Programa Stop Velutina

Dende marzo a maio 2015

Xa temos confirmadas novas charlas informativas sobre a Vespa Velutina, dentro do programa "Stop Velutina" nos meses de marzo e maio.

Ler máis

Casa do Mel - DAGA Eume: Programa de formación 2015

Datas pendente de confirmar

A delegación de AGA Eume ofrece no seu programa de formación para o 2015 varios cursos: de iniciación á apicultura, colleita de pole, cría de raíñas e charlas sobre a Vespa Velutina. Para recibir mais información e inscribirse poñerse en contacto coa Casa do Mel no email casadomel@vodafone.es ou por tel. 661 003 616.

Ler máis

Charlas informativas sobre a Vespa Velutina

Varias - Primavera 2015

Durante a primavera AGA impartirá charlas informativas sobre a Vespa Velutina por toda Galicia. O obxectivo é informar sobre a ameaza ambiental que supón a presencia deste insecto nas nosas terras e ofrecer solucións para controlar os seus efectos no medio ambiente e nas abellas.

Ler máis

Formación sobre a Vespa Velutina e Decreto de Produción Primaria

23 de novembro de 2014

A delegación de AGA Ourense convoca este domingo 23 de novembro unha xornada apícola formativa sobre a Vespa Velutina e o novo Decreto de Produción Primaria na Fundación Otero Pedrayo de Trasalba.

Ler máis

XORNADAS TÉCNICAS DAGA FERROLTERRA 2014

14, 15 E 16 de outubro 2014

Como xa vai sendo costume co galo da XIV Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos en Sedes (Narón) a DAGA Ferrolterra organiza tres xornadas técnicas. Aínda que os tempos non son bos -para a obtención dos recursos económicos- como as nosas aladas amigas con constancia e esforzo conseguimos artellar algo que esperamos sexa do voso interese.

Ler máis

XV Xornadas Apícolas do Eume

Do 6 ó 11 de outubro

DAGA Eume e a Casa do Mel organizan estas xornadas, que comezarán con obradoiros para escolares. O xoves e venres terá lugar a VII Cata de meles, o sábado pola mañán daranse charlas sobre a apitoxina, a publicidade dos produtos apícolas e a vespa velutina e pola tarde o concurso de recetas con queixo e mel. 

Ler máis

Emprendemento, Innovación e Diversificación no Sector Apícola

4, 5 e 6 de xuño de 2014

Curso de 24 horas de duración, organizado pola Universidade de Santiago e AGA dentro do programa formativo da Universidade de Verán 2014, ten como obxectivos capacitar e promover o aproveitamento de novos produtos da colmea que están a ser demandados amplamente no mercado nacional e internacional.

Ler máis

Multiplicación e selección do apiario.

24 e 31 de maio de 2014

Curso teórico/práctico organizado por DAGA Ferrolterra de 16 horas de duración, no que se explicarán os principios básicos da reproducción, enxames naturais, división de colonias, formación de núcleos, aproveitamento de realeiras naturais, etc. e faranse prácticas de campo (nos colmeares didácticos da delegación ou alternativamente nos dos asistentes) de busca de raíñas, identificación da idade das larvas, enxerto de realeiras, constituir núcleos orfos, métodos de multiplicación e outras posibles prácticas a determinar cos asistentes.

Ler máis

Cursos de especialización AGA 2014

De maio a xuño de 2014

AGA organiza 4 cursos de especialización durante os meses de maio a xuño sobre os seguintes temas: cría de raíñas, colleita de pole e própole, formación en análise de mel e estampado de cera. Inscricións no email aga@queixoemel.org e no teléfono 981 508 142.

Ler máis

Cursos de iniciación á apicultura AGA 2014

De abril a xuño de 2014

AGA organiza cursos de iniciación á apicultura, dende abril ata xuño en diferentes lugares de Galicia. Inscricións no email aga@queixoemel.org e no teléfono 981 508 142.

Ler máis