+ 34 981 508 142

CURSOS

Multiplicación e selección do apiario.

24 e 31 de maio de 2014

Curso teórico/práctico organizado por DAGA Ferrolterra de 16 horas de duración, no que se explicarán os principios básicos da reproducción, enxames naturais, división de colonias, formación de núcleos, aproveitamento de realeiras naturais, etc. e faranse prácticas de campo (nos colmeares didácticos da delegación ou alternativamente nos dos asistentes) de busca de raíñas, identificación da idade das larvas, enxerto de realeiras, constituir núcleos orfos, métodos de multiplicación e outras posibles prácticas a determinar cos asistentes.

Ler máis

Cursos de especialización AGA 2014

De maio a xuño de 2014

AGA organiza 4 cursos de especialización durante os meses de maio a xuño sobre os seguintes temas: cría de raíñas, colleita de pole e própole, formación en análise de mel e estampado de cera. Inscricións no email aga@queixoemel.org e no teléfono 981 508 142.

Ler máis

Cursos de iniciación á apicultura AGA 2014

De abril a xuño de 2014

AGA organiza cursos de iniciación á apicultura, dende abril ata xuño en diferentes lugares de Galicia. Inscricións no email aga@queixoemel.org e no teléfono 981 508 142.

Ler máis

Curso iniciación á apicultura ecolóxica

De marzo a xuño de 2014

Organiza Abella Lupa. Covelo (Pontevedra). Hai dúas datas posibles a escoller: 1º curso: 29, 30 de marzo e 5, 6 de abril ou 2º curso: 31 de maio e 1, 7 e 8 de xuño. Inscricións en info@abellalupa.com.

Ler máis

Iniciación á apicultura - Diversificación da economía rural

Domingos dende marzo ata outubro de 2014

Organiza o Sindicato Labrego Galego. O curso terá lugar en A Estrada e ten unha duración de nove días, un domingo ó mes dende marzo ata outubro, en horario de 10 a 14 h. Para inscricións chamar ao Sindicato Labrego Galego ó telefono 986 573 232.

Ler máis

Actividades delegación AGA Eume

De marzo a xuño de 2014

A delegación no Eume organiza varios cursos de formación para esta primavera, dende iniciación a colleita de pole, sanidade apícola e cría de raíñas. As actividades son na Casa do Mel de Goente (As Pontes).

Ler máis

Actividades delegación AGA Ferrolterra

De abril a setembro 2014

Na comarca de Ferrolterra, a delegación de AGA ofrece charlas e cursos de apicultura, reproducción apícola, procesado e laminado da cera. Ademais está levando a cabo un programa de información sobre a Vespa Velutina.

Ler máis

Xornadas Técnicas DAGA Ferrolterra 2013

15, 17 e 19 de outubro 2013

Tres charlas impartidas por diferentes expertos apícolas que tratarán sobre as tarefas apícolas ó longo do ano, o despoboamento das colmeas e a flora de interese apícola.

Ler máis

XIV Xornadas Apícolas do Eume 2013

Do 6 ó 12 de outubro de 2013

Durante toda a semana haberá charlas, obradoiros para escolares, catas de mel, concursos... Organiza a Delegación de AGA -Eume. Mais información: Casa do Mel - Tel. 661 003 616 casadomelaspontes.blogspot.com

Ler máis

Programa de formación AGA 2013

Primavera 2013

Durante o 2013 AGA desenvolverá un programa de cursiños en toda Galicia. Estas actividades serán gratuítas para socios e socias. As persoas non socias terán que pagar uha cuota de inscrición. Cursos teórico-prácticos de iniciación e especialización, días de campo, charlas e viaxes.

Ler máis

Mesa Redonda: AGA - Lugo

17 de marzo de 2013

Mesa redonda na que se tratarán temas variados como o Plan Apícola 2013, sobre a Vespa Velutina ou a creación dunha Delegación de AGA en Lugo e as posibles actividades que se poderían desenvolver nela.

Ler máis

Xornada técnica Delegación AGA Ferrolterra

17 de febreiro de 2013

Domingo, 17 de febreiro, ás 10:30 horas. Relator.- José Luis Rodríguez Basagoiti, apicultor profesional do País Vasco e Presidente da Asociación de Apicultores de Vizcaia, BAMEPE. Temas a tratar: A Vespa Velutina Nigrotorax, avespón asiático xa está en Galicia. Selección de Abellas Tolerantes á Varroa.

Ler máis

Actividades inverno Delegación AGA Ferrolterra e Círculo Gacela

Xaneiro, febreiro e marzo de 2013

Próximas actividades organizadas por AGA Ferrolterra, Círculo Gacela e Cooperativa A Xoaniña, coa colaboración do Concello de San Sadurniño: curso de elaboración de xabón artesanal e ecolóxico e curso de agricultura ecolóxica.

Ler máis

Casa do Mel Actividades Inverno

De decembro 2012 a marzo 2013

Calidade do Mel; obradoiro de xabóns, champú e xel con produtos da colmea; cursos de fruticultura, cestos de papel e de vimbio.

Ler máis

Curso Básico de elaboración de xabóns e xeles ecolóxicos

24 de novembro e 01 de decembro de 2012

O curso terá unha duración de 8 horas, durante un día. Realizaranse dous grupos, un o día 24 de novembro e outro o 01 de decembro. O obxectivo é aprender a elaborar xabón e xeles artesanais naturais con ingredientes vexetais.

Ler máis

XORNADAS TÉCNICAS DELEGACIÓN FERROLTERRA

25 e 30 de outubro

Ler máis

Curso Iniciación á Apicultura en Lugo

25 e 26 de outubro 2012

Ler máis

Xornadas Apícolas do Eume

Do 08 ó 14 de outubro de 2012

Diferentes actividades durante toda a semana. Mais información no email dagaeume@gmail.com ou no teléfono 661 003 616

Ler máis

Api-Emprendedor@s

Outubro 2012 - Outubro 2014

Obxectivos: Procurar unha saída profesional para un colectivo abelleiro de AGA. Formación dunha DAGA. Darlle máis valor as nosas producións apícolas dun xeito colectivo. Poñer en valor tódalas facetas da nosa apicultura dentro dunha actividade multifuncional. Outras.

Ler máis

Curso on line de Sanidade Apícola

Do 1 de outubro ata o 4 de novembro.

Duración: 25 horas, metade teóricas e metade prácticas, nas propias instalacións de cada un, cunha dedicación semanal de 6 horas.

Ler máis