+ 34 981 508 142

630 069 637


CANCELADA A III FEIRA DE PRODUTOS APÍCOLAS

Lugar: ALLARIZ
Datas: 20 de setembro de 2020
   

9 de setembro de 2020

A Feira de Produtos Apícolas non se poderá celebrar neste 2020.

A data prevista para esta terceira edición era o 20 de setembro, pero despois de valorar a celebración da mesma polas dúas partes, AGA maís o Concello de Allariz decidiron de mutuo acordo, cancelar esta edición pola evolución sanitaria en Galicia da Covid-19 nas últimas semanas.

Non obstante, tanto o Concello de Allariz como a Asociación Galega de Apicultura confían que unha vez superada a loita sanitaria se poida retomar esta celebración e as súas actividades parellas.

O Concello de Allariz e Asociación Galega de Apicultura levan anos colaborando na celebración desta feira, así como en diferentes actos ao longo do ano como pode ser o Día da Abella. 



Voltar