+ 34 981 508 142

FEIRA DOS PRODUTOS APICOLAS

Lugar: Allariz
Datas: 16 de setembro de 2018
   

A Escola Galega de Apicultura, integrada por AGA, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, organiza esta feira na que participarán os alumnos e alumnas do Curso Superior de Apicultura Comercial, celebrado esta primavera en Allariz e que remata con esta práctica.

A feira terá lugar o 16 de setembro en Allariz e ademais dunha gran exposición e venda de produtos apícolas, haberá un completo programa de actividades para todos os públicos, dende consultorios sobre apiterapia e propiedades dos produtos apícolas, sanidade apícola e Vespa velutina, catas de e de bebidas con mel, obradoiros para aprender a facer hidromel e xabóns, presentacións de novidades en sanidade apícola e actividades para nenos e nenas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA:

Exposición e venda de produtos e material apícola

De 11 h. a 19 h. na Praza Maior e Praza de Abaixo (en caso de choiva Patio do Museo de Coiro e Praza de Abastos)

Ver listado de expositores ó final deste artigo

 

Concurso  "O mellor expositor" e sorteo de cestas de produtos apícolas

O público visitante poderá votar ó mellor expositor en función da imaxe, calidade, variedade dos produtos, etc. O premio para o posto gañador será unha cesta de produtos de Allariz e o público poderá participar tamén nun sorteo de varias cestas de produtos apícolas.  Entrega do premio e sorteo ás 18.30 h na Paneira (Praza Maior).

 

Consultorios (Durante todo o día)

1. Apiterapia e masaxes con mel. Por José Castro, apiterapeuta

2. Usos e propiedades dos produtos apícolas. Por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA

3. Comercialización a través da cooperativa Erica Mel. Por persoal de Erica Mel

4. Vespa velutina.  Por Fernando Cores e Eugenio Pichel, apicultores expertos

5. Sanidade apícola. Por Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, veterinarios de AGA

               

Demostracións (Durante todo o día)

Esmelga da Colmea do Rexo e degustación. Por Benita Ferreiro, apicultora de Allariz

Elaboración tradicional de candeas. Por Damián e Diego Copena, investigadores do patrimonio apícola cereiro.

 

Presentacións

Presentación do curso "Sanidade e manexo apícola" da Escola Galega de Apicultura.

Ás 11 h. na Paneira (Praza Maior)

Oxybee: novo tratamento contra a varroa. Por Miguel Angel Rodríguez,  Santamix Ibérica.

Ás 11.15 h. na Paneira (Praza Maior)

 

Obradoiros e catas:

Infantil. Por Francisca Álvarez e Luis Vaca, apicultores. Copiños de mel e candeas de cera. (Durante todo o día)

Cata de meles de Galicia. Por Beatriz Ríos, IXP Mel de Galicia. Ás 12 h. Na Paneira (Praza Maior)

Xabóns con mel. Por Mar Ramos, apicultora. Ás 16 h. Na Paneira (Praza Maior)

Cata de bebidas de mel e obradoiro de hidromel. Por Cerveza Castreña. Ás 17 h. Na Paneira (Praza Maior)

 

Nota: A participación das actividades programadas na Paneira será aberta ata cubrir o aforo dispoñible.

 



Voltar