+ 34 981 508 142

FEIRAS

XVIII FEIRA DO MEL E DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS

18 de novembro de 2018

O vindeiro domingo 18 de novembro a DAGA Ferrolterra e Concello de Narón organizan a XVIII Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos, no Recinto Ferial do Trece, Sedes - Narón.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

XXX FEIRA DO MEL E IV DA MAZÁ

10 e 11 de novembro de 2018

O 10 e 11 de novembro terá lugar en Ortigueira a 30ª edición da Feira do Mel e a IV da Mazá, que organiza a DAGA Ortegal e Concello de Ortigueira.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

APISALNES

12, 13 e 14 de outubro de 2018

Organiza: DAGA Salnés e Concello de Vilagarcía de Arousa

A próxima fin de semana, os amantes dos produtos da colmea terán unha oportunidade fantástica de disfrutar dos manxares que nos ofrecen as abellas e aprender sobre os seus beneficios e maravillosas propiedades, tanto culinarias como medicinais. Ademais da exposición e venda de produtos apícolas, haberá charlas sobre apiterapia, a cargo dos apiterapeutas José Castro e Leonor Varela, catas de mel, degustacións de produtos e obradoiros abertos a todo o público interesado.

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

FEIRA DOS PRODUTOS APICOLAS

16 de setembro de 2018

A Escola Galega de Apicultura, integrada por AGA, Concello de Allariz e Fundación Ramón González Ferreiro, organiza esta feira na que participarán os alumnos e alumnas do Curso Superior de Apicultura Comercial, celebrado esta primavera en Allariz e que remata con esta práctica.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Ler máis

33ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA

2 de xuño de 2018

O vindeiro 2 de xuño terá lugar en Arzúa a 33ª edición da Mostra Galega de Apicultura. Convidamos a todos os apicultores e apicultoras a participar nesta xornada adicada ós produtos da colmea e ó seu gran potencial no mercado. Tamén celebraremos a recente prohibición dos pesticidas na Unión Europea, unha doce victoria para as abellas e para as asociacións que estivemos loitando para conseguilo durante moitos anos. E por último, falaremos sobre a varroa e a Vespa velutina, para coñecer as últimas novidades sobre estas dúas ameazas ás que se enfrontan as abellas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

IX Feira do Queixo e do Mel de Goente

8 de outubro de 2017

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

32ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA – 3 DE XUÑO EN ARZÚA

3 de xuño de 2017

A 32ª Mostra pretende tratar os temas que máis afectan a  actividade apícola e ofrecer solucións prácticas ós problemas que causan. Falaremos de apiterapia e das súas aplicacións e amosaremos as últimas innovacións apícolas na feira de material. Teremos tamén un xantar abelleiro ó que vos animamos a participar e un espazo infantil para que traiades ós cativos da familia.

Ler máis

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS - 20 DE MAIO

20 de maio de 2017

O Día Mundial das Abellas é unha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente. AGA celebrará este día con varios eventos que terán lugar o 20 de maio en varios lugares de Galicia a través das DAGAS: Santiago, Culleredo, Allariz, Ferrolterra, As Pontes, Mañón e Nigrán, se queres colaborar nalgún deles ponte en contacto con nós.

¡Celebra o Día da Abella con AGA e co mundo enteiro!

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

XXVII Feira do Mel de Ortegal

14 e 15 de novembro de 2015

A Delegación de AGA Ortegal organiza a XXVII Feira do Mel de Ortegal os días 14 e 15 de novembro en Ortigueira.

O sábado 14 pola mañán haberá conferencias sobre apicultura no Museo Ortegalia e o domingo 15 será a feira na Alameda de Ortigueira, con moitas actividades para o público: degustacións de queixo con mel, obradoiros, música, xantar...

 

 

 

Ler máis

XV Feira do Mel, dos Produtos Ecolóxicos e artesáns

10 e 11 de outubro de 2015

 

Sábado e domingo, 10 e 11 de Outubro, no "Recinto Ferial do Trece" (Sedes- Narón), e de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.

Outra nova edición desta xa tradicional feira que tan boa acollida está tendo sempre na nosa bisbarra. Este ano repetirase a mesma fórmula, os artesáns do mel compartindo recinto ferial cos productores ecolóxicos do CRAEGA e os productores artesans de cervexa.

 

 

 

 

 

Ler máis

Día da Abella en Maceda

27 de setembro de 2015

AGA o Concello de Maceda organizan o Día da Abella o domingo 27 de setembro de 11 h. a 20 h. no Castelo de Maceda.

Ésta será a 3ª edición do evento que cada ano vai gañando en participación e contidos. Haberá feira de mel e produtos apícolas da comarca e moitas actividades para todos os públicos: degustacións, exposición didáctica, obradoiros, títeres, música... 

Vide a pasar un día agradable con nós e coñecer un pouco máis sobre estes marabillosos insectos!

Descargar o programa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

VII Feira do Queixo e do Mel e VI Xornadas Apícolas do Eume

Do 5 ó 11 de outubro de 2015

VII FEIRA DO QUEIXO E DO MEL
11 de outubro en Goente (As Pontes)

VI XORNADAS APÍCOLAS DO EUME
Do 5 ao 11 de outubro na Casa do Mel en Goente (As Pontes)
Obradoiros para escolares, cata de meles, concursos e charlas sobre Apiterapia, Sanidade Apícola e Vespa Velutina.

Descargar programa 

Organiza: Casa do Mel 

Máis información: 
Tel. 661 003 616
Email: casadomel@vodafone.es
Web: casadomelaspontes.blogspot.com

 

 

Ler máis

Charlas informativas sobre a Vespa Velutina

Setembro e outubro 2015

Nos meses de setembro e outubro AGA continúa coa labor informativa sobre a Vespa Velutina Nigrotorax coas seguintes charlas:

Mondariz – 10 de setembro ás 20 h. no Centro Social

Gondomar - 24 de setembro ás 19 h. no Centro Neural - Xefatura de Policía Local

Carral – 26 de setembro ás 12 h. na Casa da Cultura

Carnota - 11 de outubro ás 10 h. na Casa do Concello

Van dirixidas a todas as persoas interesadas e en particular a apicultores e apicultoras que queiran poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares. 

A entrada é de balde.

Ler máis

Xornada especial "Stop Vespa Velutina"

26 de xullo de 2015

A DAGA Ortegal organiza esta xornada o domingo 26 de xullo das 11 h ata as 20 h. no Museo Ortegalia e Centro Social de San Roque en Ortigueira. 

Obxectivos:

1.- Facer balance da primeira parte do programa de control da avespa asiática (vespa velutina) desenvolvido na primavera de 2015.

2.- Situación actual e previsións ao comenzo deste verán.

3.- Programa de actividades e métodos de control a levar a cabo no verán e outono tendentes a limitar os efectos desta praga que tantos danos e alarma está causando.

 

 

 

 

 

 

Ler máis

III Foro Apícola

6 de xuño de 2015

O III FORO APÍCOLA acolle a 30ª Mostra Galega de Apicultura especial por celebrarmos ao mesmo tempo tamén o 35º aniversario de AGA e o 25º aniversario da cooperativa Erica Mel. Durante o foro pretendemos  tratar os temas máis actuais da nosa apicultura, presentar innovacións e celebrarmos os aniversarios. Despois de 35 anos estamos inmersos nun proceso de renovación profundo e de recambio xeracional. Como dato valga a cifra de 119 novos socios e socias dende o primeiro de xaneiro deste ano. Xente nova que ven con moito ímpetu e que recibimos cos brazos abertos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

Día da Abella 2015

21 de marzo de 2015

DAGA-Coruña e o Concello de Culleredo  organizan conxuntamente o DIA DA ABELLA, este ano adicado a realizar a campaña informativa e de sensibilización "Stop Velutina" ante a presenza dunha especie invasora, a Vespa Velutina Nigrotorax ou avespa asiática.

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

DÍA DO APICULTOR 2015

01 de febreiro de 2015

O Día do Apicultor será unha boa ocasión para coñecer e  participar activamente nas actividades de AGA para o 2015. Falaremos sobre a Vespa Velutina e haberá varios obradoiros prácticos.

De paso tamén poderedes realizar diversos trámites: renovar o seguro, facer as xestións do Plan Apícola e adquirir materiais apícolas e ademais terá lugar a Asemblea Xeral de AGA.

Ler máis

XXVI Feira do Mel de Ortegal

16 de novembro de 2014

A Delegación de AGA Ortegal organiza esta nova edición da Feira do Mel de Ortegal. Próximamente publicaremos mais información do programa.

Ler máis

XIV Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos

12 de outubro de 2014

Feira organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Delegación de AGA Ferrolterra.  Haberá degustacións para os asistentes e sorteos de cestas de produtos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis

VI Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente 2014

12 de outubro de 2014

Este ano a feira, organizada entre outros colectivos da comarca pola Casa do Mel, ofrece degustacións de freixós, queixo e mel, exposicións, actividades para nenos e nenas, xantar e actuacións musicais.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Ler máis