+ 34 981 508 142

 

Biblioteca Apícola Galega

Dentro dunha apicultura multifuncional, no Centro do Queixo e do Mel en Arzúa pretendemos crear a nova Biblioteca Apícola Galega, BAGA, de referencia internacional, no Camiño de Santiago.

Para a iniciación desta nova Biblioteca Apícola Galega propoñemos que todos os socios e socias de AGA que queiran e poidan colaborar doen publicacións a esta biblioteca, en calquera idioma.

O obxectivo desta nova biblioteca é que os novos abelleiros e abelleiras poidan usala como centro de información e formación apícola permanente e tamén chegar a ser unha referencia internacional no Camiño de Santiago par ser visitada por persoas de calquera parte do mundo, que xa nos veñen a visitar cada vez en maior número.

A BAGA ten que ser un orgullo dos abelleiros e abelleiras de Galicia comprometidos coa nosa terra e un legado de aga ás xeracións vindeiras. Por todos estes motivos, estades convidados a participar neste proxecto colectivo que de seguro vai ser un pulo moi importante na achega de AGA ao mundo das abellas, con referencia e transcendencia internacional.

 

CIRCULAR INFORMATIVA NOVEMBRO 2018

Contidos:

  • Máis investigación e axudas ó sector na loita contra a Vespa velutina
  • Charlas "Causas da mortandade nas colmeas e como previlas"
  • Actividades DAGAs: Xornada apícola e Feira do Mel Ortegal e Semana das Abellas e Feira do Mel Ferrolterra
  • Devolución Plan Apícola 2018 e alimento Plan Apícola 2019
  • Comunicado Erica Mel S.C.G: Colleita 2018

Ver todos Ler máis

Novas publicacións abelleiras

El Libro de las Abejas

Este libro ofrece sorprendentes informacións e detalles sobre o mundo das abellas e amosa como podemos axudalas e disfrutar delas na nosa vida diaria. ¿Por qué as abellas son unhas polinizadoras tan perfectas? ¿Como podemos adaptar os nosos balcóns e xardíns para alimentar e atraer a maior variedade posible de abellas?¿Como se colleita o mel?

Atope as respostas a estas preguntas e moita información máis neste fermoso homenaxe ás abellas.

Autores: Fergus Chadwick, Steve Alton, Emma Sarah Tennant, Bill Fitzmaurice y Judy Earl.

Editorial Blume / ISBN: 978-84-16138-78-4 / 224 páxinas / 19,5 x 23,5 cm

Prezo: 25 €.

Ver todos

Abelleira

Revista número 95 - 2016

Contido

Curso de Apicultura

Ver todas Descargar