Contidos:
Contidos:
Carta enviada ós socios e socias da DAGA Ferrolterra
Contidos:
Ler máis Descargar
Contidos:
- Programa da Feira dos Produtos Apícolas de Allariz
- Curso Sanidade e Manexo Apícola na Escola Galega de Apicultura
- DAGA Salnés e Feira dos Produtos Apícolas
- Control da velutina
- Entrega de mel en Erica Mel
Ler máis Descargar
Contidos:
- Feira dos Produtos Apícolas - Allariz, 16 de setembro
- Apicultura 2018
- Curso de Sanidade e Manexo na Escola Galega de Apicultura
- Resolución do Plan Apícola 2018
- Vacacións AGA e Erica Mel
Contidos:
Contidos:
A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:
Ademais, o Plan Apícola tamén subvenciona o 90 % do custe dun veterinario e o 70 % dun técnico, para prestar información e asistencia técnica ós apicultores e apicultoras.
En función das solicitudes que haxa, pode ser que non cheguen os fondos para cubrir todos estes conceptos.
Debido ós problemas causados pola diferencia entre o material solicitado e o finalmente mercado, xa que hai socios que piden pero despois no levan o produto, este ano no momento de facer a solicitude haberá que facer o pago de todo o material (tratamentos, cera, alimento e seguro) que se recollerá despois nos lugares indicados na mesma.
Ler máis DescargarContidos:
DÍA DO APICULTOR
Sábado 17 de febreiro de 2018, en Arzúa
O Día do Apicultor estará adicado á Vespa velutina, a peor ameaza na actualidade para as abellas e a apicultura nunha boa parte do territorio galego. Aínda queda moito por descubrir sobre o tártago asiático e para acadar unha loita eficaz é indispensable que o coñezamos mellor.
SEGURO APÍCOLA
Xa se pode contratar o seguro de colmeas para este ano 2018. A póliza colectiva de AGA remata o 7 de febreiro, polo que os socios/as que queiran renovalo teñen que comunicalo.
ACTUALIZACIÓN DO CADERNO APÍCOLA
Lembramos que as persoas titulares de explotacións apícolas teñen a obriga de actualizar o caderno apícola na oficina agraria cada ano desde o 1 de xaneiro ata o 1 de marzo. Este é ademais un requisito indispensable para solicitar a subvención do Plan Apícola.
TRAMPAS E ATRAENTES CONTRA A VELUTINA
Na asociación temos á venta trampas e atraentes contra a velutina, que se poden adquirir tamén o Día do Apicultor en Arzúa. Insistimos na importancia de continuar co trampeo preventivo primaveral para a captura de raíñas e evitar así a formación de niños no verán.
Ler máis DescargarContidos:
Ler máis Descargar
TRATAMENTOS VARROA
Nesta circular informamos sobre os tratamentos da varroa que ofrece AGA para este ano. Lembramos que se un produto funcionou ben convén utilizalo varios anos e gardar as outras alternativas de rotación para cando comece a ter resistencias. Recomendamos o amitraz como principio activo, xa que en Galicia está funcionando ben e deixa poucos residuos, tendo en conta que sempre pode haber variacións en función das resistencias. Os produtos que menos recomendamos son o Apistan, porque xa se leva utilizando moitos anos, e o Checkmite, pois están alertando tanto dende a empresa fabricante Bayer, como dende o Ministerio de Agricultura e a Consellería de Medio Rural, sobre a falta de eficacia do produto e a creación de resistencias da varroa a esta molécula.
STOP VESPA VELUTINA
No mes de maio presentouse a Plataforma Stop Vespa velutina, que ten como fin de presionar á administración na asunción de competencias sobre esta problemática medioambiental que afecta a toda a sociedade. AGA e outras 30 organizacións de diferentes sectores que integran esta plataforma entregaron recentemente na Consellería de Medio Ambiente e no Ministerio de Agricultura un documento de mínimos no que se detallan as reivindacións (pódese consultar na web de AGA).
Lembramos que no mes de febreiro a Consellería de Medio Rural entregou a AGA unha partida de trampas e atraentes para a Vespa velutina que, tal como informamos anteriormente, podían recoller os socios e socias na sede de AGA ou a través das DAGAs. Queda todavía unha parte das trampas por recoller, así que pregamos ós socios e socias que pertenzan a concellos afectadas pola velutina que se poñan en contacto con AGA para recoller este material.
Ler máis Descargar32ª Mostra Galega de Apicultura - 3 de xuño en Arzúa
A 32ª Mostra pretende tratar os temas que máis afectan a actividade apícola e ofrecer solucións prácticas ós problemas que causan. Falaremos de apiterapia e das súas aplicacións e amosaremos as últimas innovacións apícolas na feira de material. Teremos tamén un xantar abelleiro ó que vos animamos a participar e un espazo infantil para que traiades ós cativos da familia.
Día Mundial das Abellas - 20 de maio
O Día Mundial das Abellas é unha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente. AGA celebrará este día con varios eventos que terán lugar o 20 de maio en varios lugares de Galicia a través das DAGAS: Santiago, Culleredo, Ferrolterra, As Pontes, Mañón e Nigrán. Se queres colaborar nalgún deles ponte en contacto con nós.
Na circular informativa podes consultar o programa detallado destes dous eventos.
Ler máis Descargar
Contidos:
Ler máis Descargar
Xa está a disposición de todos os interesad@s o Correo Apícola do Inverno de 2017.
- Editorial
- Día do Apicultor. 11 Febreiro en Arzúa
- AGA Informa
- Programa de AGA 2017 + Plan Apícola 2017
- Relatorio de actividades do 2016
- Vespa velutina, tártago asiático
- Formularios de inscripción de novos soci@s de AGA e máis de Erica Mel.
- Evolución do sector apícola en Galicia
Ler máis Descargar
Os días 1 e 2 de outubro, AGA convoca as xornadas do voluntariado 2016, que consistirán en arranxar un cortín en Rao (Navia de Suarna-Lugo).
Precisamos que os voluntarios/as vos apuntedes enviado un e-mail a agapicultura@gmail.com
Dende AGA facemos un chamamento aos que pensen que poden aportar ideas para que se apunten para participar en xuntanzas co obxetivo de enfrentar a Praga.
A cooperativa Erica Mel e a empresa holandesa Agriterra firmaron un contrato de consultoría para asesorar e establecer un plan de desenvolvemento dunha cooperativa de mel de Etiopía, para o que foi enviada a este País africano a socia de AGA, Lisette Zewuster.
Os interesados en recibir o diploma das Xorndas de Lugo podedes enviar un mail solicitandoo, indicando o nome completo e enderezo para o seu envio. Podedes enviar os datos ao seguinte enderezo: agapicultura@gmail.com
Organizan: AGAeume, Casa do Mel e patrocina Concello de As Pontes
Faranse distintas actividades, obradoiros, charlas, catas do mel, concursos de receitas co mel...
Entre outras, concluise cas ideas de que a investigación sobre esta especie invasora debe continuar. Pero sobre todo, que é necesario que a Administración se faga responsable da problemática, e da imperiosa necesidad de crear unha liña de axudas que permitan paliar as perdas derivadas da mesma.
Ler máis DescargarAGA INFORMA
- Tratamentos varroa 2016
- Vacacións do persoal
- Viaxe o VIII Congreso de Granada
- Xornadas internacionais da Vespa Velutina
- Uso do afumador no verán
ERICA INFORMA:
- Vacacións do persoal
- Prezo do mel 2016
- Entrega de mel en Erica
Carta enviada ós socios e socias da DAGA Ferrolterra.
Ler máis DescargarContidos:
- 31ª Mostra Galega de Apicultura
- Plan Apícola e Tratamentos Varroa 2016
- Concurso de produtos "A Pinga"
Ler máis DescargarAGA organiza para esta primavera un programa de formación que inclúe : 14 cursos de iniciación gratuitos para socios/as; 3 cursos de especialización sobre reprodución apícola, cría de raíñas e produción ecolóxica, só para socios/as e de pago ; un curso de iniciación á reprodución do apiario e un curso de cosmética apícola. Na circular enviada ós socios e socias pódese consultar o calendario de cursos e como facer as insricións.
Publicaremos en breve información detallada e os programas de cada curso.
O programa inclúe ademais a celebración das seguintes xornadas, das que se informará en próximos correos apícolas :
- Día da Abella, 20 de maio en Allariz
- 31ª Mostra Galega de Apicultura, 4 de xuño en Arzúa
- Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina, 1 e 2 setembro en Lugo.
As DAGAS tamén teñen un programa de actividades para esta primavera que inclúe varios cursos, de iniciación e especialización, así como Xornadas Técnicas e outras actividades.
Ler máis DescargarDía 20 de febreiro de 2016 en Arzúa
Ante o avance extraordinario da Vespa velutina e ante a falta dunha actuación decidida de certos poderes públicos que terían o deber de poñerse ao frente da loita polo control desta especie invasora, sen avances certos nas investigacións e sen unha coordinación necesaria, AGA tomou a decisión de enfrentarnos directamente a predación da avespa asiática, Vespa velutina, escomenzando con medios propios e contando con tódolos asociados e asociadas.
Pola mañá, AGA vai presentar o programa de investigación Stop Velutina e a continuación sucederanse as palestras sobre a loita contra esta praga. Pola tarde, continuarán as palestras e despois os laboratorios farán unha presentación dos produtos para o tratamento da varroa. Durante todo o día poderanse adquirir materiais apícolas en Erica Mel e o persoal de AGA atenderá no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel.
Ler máis Descargar- Vespa Velutina, como coñecela e controlala
- Stop Vespa Velutina:
Propostas de AGA e dos concellos para a loita contra a velutina.
Campaña da CODACC
- AGA informa:
Ano 2015
Colleita do mel
Plan Apícola
Cambio Climático
DAGAS
Doación da afumadores
Rede de Museos Apícolas e celebración do Día Mundial da Abella
Reserva de material apícola sintético
VIII Congreso Nacional de Apicultura Granada 2016
Peche polo Nadal de AGA e Erica
Novas formas de comunicación de AGA
Actualización do caderno apícola
Seguro de colmeas
Convenio de AGA coa Consellería da Presidencia para o 112
- Prohibición dos pesticidas na Unión Europea
- Campaña a Pinga de Mel
- Apiturismo
- Editorial: Díxolle unha abella a outra...
Ler máis DescargarIII Foro Apícola - 6 de xuño en Arzúa
O III FORO APÍCOLA acolle a 30ª Mostra Galega de Apicultura especial por celebrarmos ao mesmo tempo tamén o 35º aniversario de AGA e o 25º aniversario da cooperativa Erica Mel.
Ler máis DescargarLer máis Descargar
Carta da Delegación de AGA Ferrolterra ós socios e socias da comarca.
Contidos:
Ler máis Descargar
Carta enviada da Delegación de AGA Ferrolterra ós abelleiros e abelleiras da comarca.
Contidos:
Carta enviada dende a delegación de AGA Ferrolterra ós socios e socias da comarca.
Ler máis DescargarLer máis Descargar
Ler máis Descargar
A Delegación de AGA Ferrolterra enviou unha carta ós socios e socias da delegación con información sobre as súas actividades.
Ler máis Descargar
XXVIII Mostra Galega de Apicultura - 01 de xuño en Arzúa
Control da Varroa
Plan Apícola 2013
Próximas actividades de AGA
Ler máis DescargarCursos de apicultura: iniciación e especialización
Días de campo
XXVIII Mostra Galega de Apicultura - 01 de xuño 2013 en Arzúa
Viaxe a Macmel - Macedo de Cabaleiros (Portugal)
Sanidade Apícola - Receitas e tratamentos varroa.
Ler máis Descargar- DÍA DO APICULTOR. 16 de Febreiro en Arzúa.
- CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL DE AGA. 2013.
16 de febreiro de 2013, ás 13 horas.
- PLAN APICOLA 2013
- PROGRAMA DE FORMACIÓN DE AGA 2013
- SEGUROS APÍCOLAS 2013
- RENOVACIÓN DE CENSOS
Ler máis Descargar- A Vespa Velutina, un novo inimigo das abellas, xa chegou a Galicia
- Nova Delegación de AGA en Ourense, 18 de novembro na Fundación Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro, Ourense)
- Lucus Mel 2012 - Mercado de Nadal dos produtos das abellas, 16 de decembro na Praza de Abastos de Lugo.
- A Cera ano 2013
- Seguro das colmeas ano 2013
Ler máis Descargar
ETIQUETADO PARA A PRODUCIÓN PRIMARIA
Desde AGA, poñemos en marcha o novo servizo de etiquetado para os soci@s que se queiran acoller a esta nova modalidade de “Produción primaria”. Para ter toda a información sobre este tema podedes consultar a nova Web de AGA, onde atoparedes tanto unha explicación de Marcos Varela, como unha proposta de “Guía de boas prácticas apícolas” que se deben ter en conta. Usaremos a mesma etiqueta “Mel das Miñas Colmeas” pero cos datos precisos. O que queira facer unha etiqueta pola súa conta tamén pode facelo.
Ler máis DescargarPRODUCIÓN ANO 2012
Debido a que houbo una forte enxamía non é posible facer una previsión de colleita, hai unha forte variación duns lugares a outros no día de hoxe.
A humidade climatolóxica que se deu favorece este fenómeno ou o instinto de supervivencia, ambas as cousas? , terían moito que ver. Quedaron colmeas nai con moi poucas abellas, pola contra hai enxames que teñen tres medias alzas cheas de mel. A mediados de xullo e aínda seguen a saír enxames. Pero tamén hai lugares con colmeas de cinco medias alzas cheas de mel. En fin, coma todos os anos, cando fagamos a esmelga imos ver os resultados.
Se clasificamos os meles para obter meles monoflorais, sabedes que estes teñen mellor saída comercial e tamén teñen un mellor prezo.
A partires do primeiro de setembro xa poden entregar o mel na cooperativa Erica, é mellor que chamen antes por teléfono para anunciar o día.