+ 34 981 508 142

630 069 637


CIRCULAR INFORMATIVA ABRIL 2020

APRAZAMENTO 35ª MOSTRA GALEGA DE APICULTURA E FORMACIÓN

Debido á crise sanitaria do COVID-19, non poderemos realizar o programa de AGA tal como tiñamos previsto para este ano. En concreto as actividades de formación da primavera e a celebración da 35ª Mostra Galega de Apicultura prevista para o 7 de xuño, así como a celebración do aniversario de AGA, quedan finalmente suspendidas ata novo aviso.

SOLICITUDE PLAN APÍCOLA 2020

A convocatoria do Plan Apícola 2020 será publicada en breve, polo que enviamos esta circular informando como solicitar estas axudas a través de AGA. O Plan Apícola 2020 subvenciona, ademais do 90 % do custo dos veterinarios, os seguintes conceptos nesta orde de prioridade e coa porcentaxe máxima de:
- Tratamentos contra a varroa, ata o 80 %
- Alimento, ata o 50 %
- Cera, ata o 50 %
- Seguro apícola responsabilidade civil, ata o 50%

Descargar